Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de setembro de 2018

O Concello abre o prazo de inscrición para o uso dos locais de ensaio no vindeiro semestre

Poderán optar a unha das 48 prazas gratuítas dispoñibles os grupos nos que a metade das persoas membro sexan menores de 30 anos e estean empadroadas ou matriculadas nun centro escolar do municipio

A Concello inicia o  xoves 13 de setembro o período para que os grupos da cidade soliciten o uso das salas de ensaio municipais durante o vindeiro semestre. O prazo ordinario de inscrición remata o 28 de setembro. As condicións para poder optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio, que se ofertan de maneira gratuíta, son que cando menos a metade do grupo sexa menor de 30 anos e que un mínimo do 50% das persoas integrantes estea empadroado na cidade ou cursando estudos nun centro escolar no municipio. As bases da convocatoria, así como a documentación requirida para solicitar unha praza, pódense consultar na web locaisdensaio.blogspot.com, onde está tamén dispoñible o formulario de solicitude para a súa descarga. Os locais de ensaio enmárcanse dentro das políticas dirixidas á mocidade implementadas pola Concellería de Participación e Innovación Democrática "nas que se traballa para ofrecer alternativas de ocio e a xeración de hábitos positivos", indica a súa responsable, Claudia Delso, quen salienta a creación de espazos como o de dinamización da mocidade na Sagrada Familia, a organización de festivais de cultura urbana, os campamentos de verán ou o programa Nocturnia, entre as actividades dirixidas a este colectivo.  

Os locais de ensaio municipais están dotados con toda a infraestrutura necesaria para os grupos, que, ademais de ter un espazo para tocar, dispoñen dun estudio de gravación, un departamento de deseño gráfico e audiovisual para definir a súa imaxe e diversos eventos onde mostrar en directo o seu traballo. Nos últimos tempos, algúns dos grupos usuarios deste servizo teñen avanzado co seu proxecto musical publicando videoclips, editando os seus primeiros discos ou dando concertos, mesmo algúns en eventos como os festivais Portamérica ou Noroeste Estrella Galicia. Grupos como Samarúas, Dequenvessendo, Sala 5, Proyecto Moucho, Theta Waves ou Wondermind comezan a ser uns habituais nos seus correspondentes circuítos musicais, algúns chegando a mostrar a súa música en lugares como Madrid, Ermua ou Toledo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión