Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2018

O Concello acondicionará o contorno do Aquarium Finisterrae, unha obra “que mellorará a accesibilidade e a súa integración na paisaxe”

As obras, que terán unha duración de oito semanas, instalarán unha rampla que conecte coa senda litoral, crearán espazos axardinados para o esparexemento e rematarán a urbanización na parte traseira do museo

O Goberno local levará a cabo o acondicionamento do entorno do Aquarium Finisterrae, no que se realizarán obras de mellora de accesibilidade, urbanización e integración na paisaxe. O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, indica que esta actuación "está pensada para proporcionar uns mellores accesos ao museo científico, cunha nova mobilidade no seu entorno que estea pensados para todos e todas, e tamén unha experiencia máis completa grazas ao acondicionamento de áreas de esparexemento no seu exterior".

As obras, que terán un tempo de execución de oito semanas, foron adxudicadas nun procedemento aberto que situou o prezo de adxudicación en 103.939 euros. Esta intervención abordará a adecuación ambiental do entorno e o acceso e a accesibilidade da senda litoral e completará a urbanización da parte traseira do edificio. Así, levarase a cabo a repavimentación, con formigón e céspede, do camiño de entrada entre o aparcadoiro e o edificio e se creará unha nova vía entre este espazo e a explanada norte do museo. Na senda peonil existente no bordo litoral vaise colocar unha rampla que garanta o acceso das persoas con mobilidade reducida e, na súa zona final. Ademais, crearanse zonas de esparexemento, con céspede e especies arbóreas adecuadas ao ambiente mariño e arbustos autóctonos, así como terrazas de madeira adaptadas á xeografía do entorno entre a rampla e o aparcadoiro. En todas estas obras se terá en conta unha correcta integración dos elementos no ambiente.

A empresa encargada da actuación manterá en todo momento o acceso, tanto peonil como de vehículos, ao museo, para o que se sinalizarán os traballos e os lugares de paso acondicionados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión