Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de outubro de 2019

O Concello convoca o concurso fotográfico para o Calendario Municipal 2020, que este ano ten como tema o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio

O prazo de presentación de propostas manterase aberto desde o 10 de outubro e até o 8 de novembro. As persoas gañadoras recibirán un libro de fotografía e obterán un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses para dúas persoas, ademais de dez copias do almanaque

O Concello da Coruña abre o vindeiro xoves, 10 de outubro, o prazo para participar no concurso fotográfico 'Calendario Municipal 2020', que servirá para seleccionar as 12 fotografías actuais que forman parte do almanaque que o ente municipal edita cada ano, que se completa con 12 imaxes antigas, e, en caso de decidilo así o xurado, para elixir tamén a foto da súa primeira páxina.

Nesta edición, a temática das fotografías versará sobre o patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio. Terase en conta a representatividade do patrimonio cultural da fotografía, a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe, tal e como queda explicitado nas bases do concurso. Deste xeito, as persoas que queiran participar poderán facelo enviando as súas propostas desde o 10 de outubro e até o 8 de novembro, ao enderezo electrónico concursofotografico@coruna.es, indicando no asunto a lenda 'Concurso calendario municipal 2020'.

Cada persoa poderá participar con até un máximo de tres fotografías horizontais e en cor, cuxo formato será un arquivo dixital en formato JPG cun mínimo de 3 megapíxeles. Os traballos deberán enviarse ao enderezo electrónico anteriormente sinalado, como arquivo adxunto --no caso de que o envío teña máis dunha fotografía, deberán ser un arquivo zip-- ou pola plataforma We Transfer. As bases completas están dispoñibles na páxina principal da web municipal www.coruna.gal.

O xurado, que estará composto por nove membros nos que se incluirán integrantes do colectivo Fotoxornalistas Coruñeses e concelleiros e concelleiras da corporación coruñesa, deberá outorgar os premios antes do día 10 de novembro, elixindo 12 fotografías de 12 participantes diferentes, ademais doutras 6 propostas que integrarán a 'lista de reserva'; tamén, no caso de que así o considere por cuestión de calidade, poderá seleccionar unha fotografía para a primeira páxina. As persoas gañadoras recibirán como premio un libro de fotografía e gañarán un ano de acceso gratuíto aos Museos Científicos coruñeses para dúas persoas, ademais de dez copias do almanaque, no que aparecerán publicadas as fotografías gañadoras coa sinatura dos e das autoras.

Documentos:

Bases-Concurso-Fotografico-2020.pdf (186 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión