Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2019

O Concello da Coruña acolle a homenaxe ao director de orquestra Alberto Zedda coa entrega dun cadro de Miguel Zelada á súa viúva

Inés Rey valorou a figura do director como un dos maiores apoios da actividade musical na Coruña

Esta mañá homenaxeouse o labor do director de orquestra e musicólogo, Alberto Zedda, no Pazo de María Pita coa entrega dun cadro pintado por Miguel Zelada á súa viúva. Ao acto asistiron a alcaldesa da cidade, Inés Rey; o concelleiro de Cultura, Jesús Celemín; a súa viúva, Cristina Vázquez; o seu amigo e presidente da Asociación de Amigos da Orquestra Sinfónica de Galicia, Javier Ozores; e o pintor e autor do cadro homenaxe Miguel Celada; ademais de numerosos achegados a Zedda que quixeron estar presentes neste acto.

Zedda, que faleceu aos 89 anos en marzo de 2017, era considerado o maior experto na obra de Rossini, razón pola que gozaba dun recoñecemento mundial. O seu vínculo coa cidade herculina foi grazas ao seu matrimonio coa coruñesa Cristina Vázquez. "Aquí viviu e participou en toda clase de actividades relacionadas coa música e o canto", asegurou Inés Rey, quen describiu a Zedda como "un marabilloso director de orquestra que se implicou persoalmente no Festival da Ópera e no Festival Mozart, ao tempo que defendía tamén o alto nivel da Orquestra Sinfónica de Galicia".

A rexedora tamén aludiu a palabras ditas por Miguel Zedda sobre a nosa cidade: "El dicía que A Coruña era como unha casa, unha casa que lle daba refuxio no seu peregrinar polo mundo".

A súa viúva, Cristina Vázquez, agradeceulle "esta marabillosa lembranza de Miguel" á Asociación Amigos da Orquestra Sinfónica de Galicia e ao Concello da Coruña, en especial á alcaldesa e ao concelleiro de Cultura por facela posible.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión