Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2018

O Fórum Metropolitano retoma a súa programación durante o mes de setembro con ciclos de maxia e cine

O ‘Forumáxico’ propón catro espectáculos para un público familiar nos que se mistura comedia, teatro e maxia. O centro municipal acolle ‘Cine e Gastronomía’, unha selección de filmes que se enmarcan na programación expandida que ten este ano o concurso de tapas Picadillo.

O Forum Metropolitano enche a súa programación para setembro de maxia e cine. Durante este mes o centro municipal acollerá a celebración do ciclo Forumáxico, que organiza catro espectáculos de maxia dirixidos a un público familiar. Ademais, retoma a programación de películas con 13 títulos, parte das cales se encadran no ciclo Cine e Gastronomía que se organiza como parte do centenario do pasamento do exalcalde Manuel María Puga y Parga, Picadillo, e no denominado Os ollos abertos.

O Forumáxico propón espectáculos de comedia, drama ou teatro nos que tamén ten protagonismo a maxia, en diferentes estilos. O programa comeza o 8 de setembro coa posta en escena do espectáculo Sherlock Holmes, de Cayetano Lledó e continúa o 15 con Les artuans, de Arturo Cobas e Antuán de la Cream. O mago Teto e o seu espectáculo O Alquimista poden verse o día 22 e pecha o ciclo o mago Rafa con Ahora o día 29 de setembro. Todos os pases se celebra as 19.00 horas e as entradas teñen un custe xeral de 5 euros con  prezo reducido a 2 euros para menores de tres anos e a posibilidade de mercar un abono familiar de tres entradas por 12 euros.

No tocante á oferta de cine, o Fórum Metropolitano programa na sala Marilyn Monroe estreas en versión orixinal subtitulada como son Starred Up, de David Mackenzie, nos días 6, 7 e 8 de setembro, a libanesa L'Insulte, de Ziad Doueiri, o 13, 14 e 15, Jusqu'à la garde, de Xavier Legand, o 20, 21 e 22 e Cartas de Guerra, de Ivo Ferreira, o 28 e o 29 do mes. As películas proxectaránse ás 20.15 horas os xoves e os venres e ás 15.15 e ás 20.15 os sábado. Esta sala acollerá tamén o ciclo Os ollos abertos, organizado pola ONG AIRE, no que se pasarán os filmes Alma Mater (luns 24), 69 minutes of 86 days e Tout le monde aime le bord de la mer (martes 25), Fuocoammare (mércores 26) e Mediterránea (xoves 27). Ao remate de cada película, que comezan ás 19.00 horas e son gratuítas, haberá un coloquio sobre a temática da mesma.

A sala Fernando Rey, pola súa banda, estará dedicada á proxección das películas escollidas dentro do ciclo Cine e Gastronomía, que organiza o Goberno local dentro da programación do concurso de tapas Picadillo. Poderase ver Il Gatopardo (6, 7 e 8), The Party (13, 14 e 15), The cook, the thief, his wife and her lover (20, 21 e 22) e 18 comidas (27,28 e 29). Todas as películas darán comezo ás 20.30 horas.

O prezo do cine, coa excepción do ciclo Os ollos abertos que é gratuíto, é de 3 euros. As persoas que teñan carne xove, máis de 65 anos ou estean desempregadas teñen redución ata os 2 euros. É posible tamén mercar un abono para cinco películas por 12 euros. Ademais, a sesión do espectador, os sábados ás 17.15 horas, custa 1,5 euros. A venta faise na conserxería do Fórum Metropolitano ou no portelo media hora antes de cada función. Co motivo da recomezo da programación de cine, as sesións do día 6 son gratuítas e repartiranse as entradas no portelo media hora antes do pase.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión