Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de abril de 2019

O Kiosko Alfonso acolle ata o 9 de xuño a mostra ‘Fina Mantiñán’, que busca dar a coñecer e poñer en valor a obra da artista coruñesa

O edil José Manuel Sande participa esta tarde, ás 19.30 horas, na apertura da exposición, na que se xuntan 72 pezas das diferentes épocas da creadora

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugura esta tarde a mostra Fina Mantiñán no Kiosko Alfonso. A mostra, que se pode visitar ata o 9 de xuño, fai un percorrido pola obra pictórica da artista coruñesa, que desenvolveu boa parte da súa carreira en Francia. O acto contará tamén coa presencia de Fina Mantiñán e da comisaria da mostra, Rosario Sarmiento.

O responsable municipal salienta que esta exposición "busca poñer en valor e achegar á cidadanía o traballo dunha das artistas locais que acadou unha gran calidade na súa produción e unha atención no estranxeiro que non se viu igualado no recoñecemento que lle fixo a súa propia terra". Fina Mantiñán formouse inicialmente na Escola de Artes da Coruña antes de emigrar a París a comezos dos anos sesenta, onde compaxinou o traballo coa formación artística. Os seus anos en Francia e o seu contacto con diferentes correntes da arte configuraron un estilo persoal sólido que foi evolucionando ao longo das décadas. Na súa volta á Coruña, Mantiñán dedicouse ao ensino neste ámbito.

A mostra, que inicia o percorrido pola súa obra con pinturas dos anos sesenta ata chegar aos noventa, presenta un total de 72 pezas tanto sobre papel como tea e madeira que amosan a súa experimentación con diferentes procedementos, como o colaxe. A exposición pode visitarse de luns a domingo no Kiosko Alfonso, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión