Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de outubro de 2019

O obradoiro teatral `O universo de Shakespeare´ abre o curso do Club de teatro lido da Biblioteca Sagrada Familia

Este obradoiro propón unha investigación teatral sobre os personaxes e o universo de Shakespeare a través dunha das súas obras máis divertidas e atrevidas

O universo de Shakespeare é o tema arredor do cal xirará o obradoiro de teatro e expresión corporal que a actriz Fabiana Gastaldello impartirá na Biblioteca municipal Sagrada Familia os luns 14, 21 e 28 de outubro, en horario de 19.00 a 21.00 horas. O taller aproximará as persoas participantes a unha obra de Shakespeare dun xeito orixinal e creativo, explorando os seus personaxes tanto desde un punto de vista teatral como de movemento, analizando as súas relacións e as súas emocións.

Este obradoiro serve de arranque para o Club de teatro lido que desde hai dous anos se está a desenvolver na Biblioteca Sagrada Familia todos os luns de novembro a maio. Ao longo deses meses realízase un traballo con textos, situacións e personaxes para finalmente ofrecer o resultado nun espectáculo presentado en público.

As persoas interesadas en participar, tanto no obradoiro sobre Shakespeare como no Club de teatro lido, deben inscribirse previamente a través da web das bibliotecas municipais, http://www.coruna.es/bibliotecas, ou na propia biblioteca. Ambas as dúas actividades son de balde.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión