Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xaneiro de 2020

O Teatro Colón acollerá o 18 de xaneiro un concerto homenaxe ao compositor Rogelio Groba

A Orquestra de Cámara Galega interpretará, xunto coa pianista Elisa D´Auria e o clarinetista Spyros Fakiolas, unha selección dos seus temas e dos autores que sempre o acompañaron, como Jean Sibelius e Johan Sebastian Bach

O Teatro Colón ofrecerá o 18 de xaneiro un concerto homenaxe ao mestre Rogelio Groba no seu 90 aniversario, que estará organizado polo concello coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Ponteareas e a Fundación Groba, e en que a Orquestra de Cámara Galega repasará algunhas das obras dun repertorio que, no caso do pontevedrés, chega ás 720 composicións, en que se abordan cuestións como a etnografía, a paisaxe e a historia de Galicia. No recital, actuarán tamén a pianista italiana Elisa D'Auria e o clarinetista grego Spyros Kakiolas para interpretaren dúas das súas últimas creacións, "Soatiña", estreada en Bruxelas en maio de 2019 e "Peculiaridades", que se tocou por vez primeira no Festival Groba de 2018.

Ademais, as persoas espectadoras desfrutarán doutros temas asinados por autores que sempre o acompañaron como Jean Sibelius e Johan Sebastian Bach nunha noite onde se tributará ao que máis partituras enxeñou neste país ata o momento cun requien, 14 sinfonías, 19 concertos e oito micro-concertos, así como 13 cantatas, 8 suites, 2 ballets, obras para coro, música de cámara, piano só, orquestra de cordas, banda sinfónica... das que moitas non viron a luz aínda. Rogelio Groba foi tamén director da Orquestra Municipal da Coruña durante 23 anos e fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e da Orquestra de Cámara Municipal e combinou ao mesmo tempo a dirección do Conservatorio e a docencia en Harmonía e Composición. Autor de ensaios e libros, desde 2002 preside a Fundación Rogelio Groba, clasificada de Interese Cultural e de Interese Galego polo Goberno autonómico.

As entradas están á venda na plataforma eventbrite.es por 5 euros máis gastos de xestión e no propio despacho de billetes do auditorio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión