Concello da Coruña

Concello da Coruña

35 aniversario do Centro de Planificación Familiar A Coruña

Este ano cúmprense 35 anos da posta en marcha do Centro de Planificación Familiar da Coruña (COF) como servizo de referencia na atención á saúde sexual e reprodutiva na cidade e, para celebralo, presentan unha completa e variada programación de actividades que se desenvolverá durante o último cuadrimestre deste ano.

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/09/2018 ata o 15/12/2018

Xa rematou

Enderezo:

Centro de Planificación Familiar da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña - Sergas. Avda. de Finisterre 314. 15010 A Coruña

Documentos:

Programa completo en pdf (560 KB)

  • 25, 26 e 27 de setembro: ruada afectivo-sexual (animación teatral de rúa "Os emojis do COF"), en varios puntos da cidade
  • 27 de setembro: faladoiro "O papel do movemento feminista na defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos nos últimos 50 anos", no Ágora
  • 28 de setembro: concerto (Laranxa Imaxinario, Ezetaerre, Tanxugueiras e Woyza) no Campo da Leña
  • 4 de outubro: faladoiro "O papel da literatura infantil e xuvenil na educación afectivo-sexual", na Biblioteca Ágora
  • do 2 ao 9 de outubro: taller de igualdade para familias, nas bibliotecas Sagrada Familia, Monte Alto e Castrillón
  • do 15 ao 23 de outubro: contacontos "De onde veñen os bebés? (e outras historias)", nas bibliotecas municipais
  • do 18 ao 20 de outubro: teatro "Pum Pum" dirixido a alumnado de centros educativos de infantil e primaria, no Fórum Metropolitano
  • do 23 ao 25 de outubro: teatro-taller "Vestido de voda" dirixido a alumnado de centros educativos de secundaria, no Fórum Metropolitano
  • 25 de outubro: faladoiro "Pasado, presente e futuro dos centros de planificación familiar en Galicia", no Ágora
  • do 12 ao 20 de novembro: contacontos "Rato canguro", nas bibliotecas municipais
  • 13 e 14 de novembro: teatro "Mosca" dirixido a alumnado de centros educativos de secundaria, bacharelato e FP, no Fórum Metropolitano
  • 13 e 14 de decembro: teatro "Rosa Caramelo" dirixido a alumnado de centros educativos de infantil e primaria, no Fórum Metropolitano

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión