Concello da Coruña

Concello da Coruña

A arte fantástica

Ciclo de conferencias 2018 en colaboración coa Fundación Amigos do Museo do Prado.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/11/2018 ata o 29/11/2018

Realizaranse os xoves 8, 15, 22 e 29 de novembro.

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Cantón Grande, 9. 15003 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade

Aínda que fora recusada por Platón e, en xeral, por toda unha tradición occidental de clasicismo severo, a fantasía é un compoñente esencial da arte.

É precisamente mediante a dinámica facultade da imaxinación como o pensamento humano rende o seu mellor froito, ao explorar as inconmensurables zonas escuras da nosa realidade íntima e obxectiva, aínda nada ou pouco discernibles a través dun coñecemento meramente conceptual.

Mediante a fantasía, a arte acolle os nosos afectos, desexos e sentimentos dándonos en que pensar e ensanchando o noso horizonte vital. Por este motivo, non houbo civilización nin cultura en que, dalgunha maneira, non se manifestase o fantástico.

Neste sentido, aínda que o Museo do Prado é pródigo en exemplos deste tipo de arte desde o Bosco ata Goya, o noso curso, ademais obviamente de abordalos, achegará outros modelos significativos da arte fantástica universal.

A pesar da amplitude do tema, non quixemos constrinxir a nosa ambición nin na variedade de asuntos nin de formulacións. Así, foron seleccionados os mellores especialistas dentro de ambos os aspectos: historiadores da arte que explicarán exemplos da arte fantástica universal, pero tamén outro tipo de sabios que nos exporán que é o fantástico en xeral e a súa manifestación noutras formas artísticas non estritamente visuais.

Francisco Calvo Serraller Director do ciclo

PROGRAMA A CORUÑA (2018)

- 8 de novembro: O fantástico na cultura grecorromana, por Luis Alberto de Cuenca, profesor de Investigación, Consello Superior de Investigacións Científicas.

- 15 de novembro: Seres e mundos fantásticos no Exipto antigo, por José Ramón Pérez-Accino, profesor de Historia Antiga, Universidade Complutense.

- 22 de novembro: Goya: a fuxida do fantasmagórico, por Manuela Mena, xefa de Conservación de Pintura do Século XVIII e Goya, Museo do Prado.

- 29 de novembro: Maxias, fantasmagorías, soños e pesadelos cinematográficos, por Agustín Sánchez Vidal, catedrático emérito de Historia da arte, Universidade de Zaragoza.

+ Información

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión