Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2019

A Banda Municipal de Música, baixo a batuta de Frank de Vuyst, ofrecerá un concerto gratuíto o venres 22 de febreiro no Teatro Colón

Os domingos 10 e 24 de marzo a agrupación actuará, como é habitual, ás 12.15 horas no Pazo da Ópera co seu director titular, Juan José Ocón

A Banda Municipal de Música da Coruña xa ten as datas dos vindeiros concertos gratuítos que ofrecerá na cidade. A primeira cita será o próximo venres, 22 de febreiro, ás 20.00 horas, no Teatro Colón. Será unha ocasión especial na que a agrupación, que celebra a súa 71ª tempada, actuará baixo a dirección do belga Frank de Vuyst. O programa desta cita, prevista orixinalmente para o domingo 24 no Pazo da Ópera, contará con obras de autores como Aram Kahchaturian, Kevin Houben e Gerónimo Giménez, entre outros.

O vindeiro encontro da Banda Municipal co público coruñés será o domingo 10 de marzo no Pazo da Ópera, no horario habitual das 12.15 horas. Neste concerto, no que participará o director titular, Juan José Ocón, a agrupación ofrecerá un variado programa con pezas como o pasodoble Camino de Rosas, de José Granco Ribate; Symphony for William, do británico Derek Bourgeois; a Muiñeira das comadres, de Simón Couceiro; e dúas pezas da familia Aragüés: Por tierras de Albarracín, de Tomás Aragüés Bayarte, e Suite de concerto, do seu fillo, Tomás Aragüés Bernard.

Dúas semanas despois, o 24 de marzo, e de novo baixo a dirección de Ocón, a Banda Municipal estreará tamén no Pazo da Ópera unha nova composición, ademais de interpretar outras como Aires galegos, de Juan Montes, Fantasía sobre tres temas galegos, de Simón Couceiro --de quen tamén tocarán A batalla de Matalobos--; e October, de Eric Whitacre. Para máis información sobre estes concertos e outras actividades da agrupación, pódese visitar www.coruna.gal/cultura.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión