Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de abril de 2018

A biblioteca municipal da Sagrada Familia acollerá desde o 5 de abril o proxecto social e artístico 'Dispositivo Migrante', froito dunha das residencias de investigación de 'Xeografía, memoria e capital cívico'

O alcalde, Xulio Ferreiro, inaugurará a iniciativa do creador Joan Morera este xoves ás 20.00 horas, nun acto aberto á cidadanía no que tamén participará o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande

O proxecto municipal Xeografía, memoria e capital cívico, posto en marcha pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento no último trimestre do pasado ano co obxectivo de impulsar a reflexión sobre a esfera pública da cidade da Coruña, dará a coñecer esta semana o traballo realizado na segunda das residencias de investigación. Tras a publicación no mes de marzo do ensaio A contrapelo. As mulleres nos monumentos públicos da Coruña, da artista visual Elo Vega, este xoves, 5 de abril, presentarase o proxecto artístico e social Dispositivo Migrante, realizado polo creador Joan Morera Arbones. A iniciativa, que inclúe un programa de charlas e conferencias, constitúe un prototipo de exposición experimental concebido para a biblioteca municipal de Sagrada Famila, por ser un dos barrios da cidade que presenta un dos índices máis altos de poboación migrante, e cuxa biblioteca leva máis de 25 anos funcionando como centro de atención e cohesión social entre a veciñanza. No propio equipamento municipal terá lugar o acto de inauguración, no que participará o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande; o director e comisario do proxecto, Juan de Nieves;  e a decana da facultade de Socioloxía da UDC, Raquel Martínez Buján. A banda local Lady Leño pechará a presentación cunha actuación musical.

Dispositivo Migrante indaga no proceso de construción do imaxinario simbólico e iconográfico da emigración galega a partires do porto da Coruña, "no que se tomaron algunhas das imaxes máis representivas da mesma", segundo afirma Morera. Entre elas, as fotografías de Alberto Martí e Manuel Ferrol, "que sobresaen", apunta o artista, "pola intensidade coa que reflictiron o momento histórico". A investigación céntrase nas fotografías de Martí recompiladas no traballo Os adeuses, "unha das principais fontes de imaxes que puxeo cara á emigración galega e coa que se identifica o seu mar, os seus portos, costa e xeografía", apunta o responsable da investigación, que trazará un percorrido entre testemuñas e imaxes que convidarán á cidadanía "a reflexionar sobre a propia fotografía, memoria e, polo tanto, da identidade do porto coruñés".

Para a biblioteca da Sagrada Familia concebiuse, explica Morera Arbones, un dispositivo de exposición que inclúe unha serie de vídeos con entrevistas ao propio Alberto Martí, así como outras persoas expertas e coñecedoras da súa obra fotográfica. Como complemento á exposición, realizarase tamén un programa de charlas e outras actividades, en colaboración coa Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, que terán lugar no propio equipamento municipal ao longo das dúas semanas de duración do proxecto. Contarase coa intervención de Antonio Izquierdo, Raquel Martínez Buján e Monserrat Golías --catedrático, decana e profesora, respectivamente, da UDC-- así como de Guillermo Fernández Obanza, Mito, da asociación Ecodesarrollo Gaia. No programa de conferencias analizarase como o barrio da Sagrada Familia apouse de ser un barrio de emigrantes que retornaron a un de recepción de migrantes, e o desafío que supuxo para a integración do colectivo na contorna. Disertarase tamén sobre a diversificación dos valores relixiosos en Galicia, e a aparición de distintos espazos de culto que supoñen novos desafíos para o colectivo migrante e a súa integración nos centros escolares.

Tralo seu paso pola biblioteca da Sagrada Familia, Dispositivo migrante presentarase, baixo un formato máis completo, noutro dos espazos expositivos municipais.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión