Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2018

A Concellería de Culturas abre o prazo de inscrición para participar na Cabalgata de Reis

As persoas interesadas en colaborar na actividade, que terá lugar o 5 de xaneiro, pódense apuntar desde hoxe a través da portada do web municipal www.coruna.gal

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abre hoxe o prazo de inscrición para solicitar a participación na Cabalgata de Reis municipal que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro. Este ano ofreceranse 251 prazas, que se adxudicarán mediante sorteo, para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 10 anos, que se subirán ás carrozas e trens que percorrerán as rúas da cidade.

A inscrición poderase realizar a través dun formulario que se atopará na portada da páxina web municipal, www.coruna.gal, no que deberán facilitar os seus datos de contacto e autorización para que a súa imaxe poida ser empregada durante a súa participación. A Concellería de Culturas lembra que se poderán inscribir todas e todos os menores nados nos anos 2008, 2009, 2010 e 2011. O prazo para formalizar a solicitude estará aberto até as 14.00 horas do luns 24 e poderase prolongar, en días sucesivos, no caso de contar aínda con prazas dispoñibles. O Concello, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) --que lembra que só se validará unha inscrición por nena ou neno--, asignará a cada solicitude o seu número correspondente, que se empregará no sorteo que terá lugar o 28 de decembro, ás 12.00 horas, no Coliseum da Coruña, que permitirá determinar a localización no séquito das e dos participantes, así como adxudicar as prazas no caso que as solicitudes excedan a oferta de prazas dispoñible.

Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselle ás persoas interesadas --mediante correo electrónico ou por teléfono-- a súa situación na cabalgata, así como a información necesaria para participar nela: lugar e horario de presentación do día 5 de xaneiro e horario e forma de recollida dos e das menores na praza de María Pita, unha vez finalizada a Cabalgata e o Saúdo Real. Esta folla informativa, que estará dispoñible en www.coruna.gal, deberase presentar cuberta e asinada xunto as normas --que son de obrigado cumprimento-- o día 3 de xaneiro, entre as 16.30 e as 20.30 horas, no Coliseum --porta de prensa--. A organización asignará un resgardo que se deberá presentar o propio día da Cabalgata. Unha vez cubertas todas as prazas dispoñibles, crearase unha lista de espera para cubrir baixas ou novas necesidades.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión