Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2018

A Concellería de Culturas celebra este venres o 70° aniversario do Teatro Colón con actividades que poñen en valor "un espazo emblemático da vida artística coruñesa"

Unha mesa redonda sobre a historia do recinto e a proxección de ‘Carta de una desconocida’ formarán parte da programación especial

O Concello da Coruña celebrará este venres, día 14, o 70° aniversario do Teatro Colón cunha programación especial na que fará un percorrido pola historia do recinto e proxectará unha das películas que se exhibiron durante o seu primeiro ano. O edil de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salienta que esta Homenaxe 70 anos do Teatro Colón será unha ocasión "para dar a coñecer as potencialidades dun espazo emblemático, un dos piares da vida social, artística e cultural da Coruña do último século, e sobre o que o goberno local ten previsto dotar de ferramentas para crear e xerar novos procesos artísticos".

A programación comezará ás 18.30 horas, cunha serie de visitas guiadas polo equipamento. A partir das 20.30 horas comezará o evento, cunha mesa redonda na que se fará un percorrido pola historia do Colón. Neste espazo participarán a actual directora, Bettina Kohlhaas, e o primeiro xerente do recinto, Luis Seoane Seijas; ademais do arquitecto responsable da obra de remodelación, Cristóbal Crespo, o produtor cinematográfico Javier Ozores Marchesi, e unha representante da familia promotora do recinto, Isabel Rey. De seguido, proxectarase unha das películas que formaron parte da carteleira do Colón no ano 1947, como é Carta de una desconocida, de Max Ophüls.

A entrada á Homenaxe 70 anos do Teatro Colón será de balde, previa retirada do convite no despacho de billetes do teatro da avenida da Mariña, o propio venres 14, a partir das 18.30 horas. Para máis información sobre o equipamento e a súa programación habitual, pódese consultar o espazo web www.teatrocolon.es.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión