Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

11 de abril de 2018

A Concellería de Culturas respalda a programación cultural das salas de música e artes escénicas da cidade “e o seu labor de dinamización dos barrios” cunha liña de subvencións de 50.000 euros

O edil José Manuel Sande indica que esta segunda edición da convocatoria 'Cultura de proximidade' busca apoiar á rede de salas “que alimentan e achegan moitos valores á cidade e a todas as escalas de desenvolvemento comunitario na súa contorna”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a convocatoria Cultura de proximidade, unha liña de subvencións municipais que busca "apoiar os espazos culturais e axentes privados que precisan un reforzo e colaboración" do Concello para manter a súa actividade, unha rede de salas "que alimentan e aportan moitos valores á cidade como a dinamización dos barrios e tamén a todas as escalas de desenvolvemento comunitario na súa contorna". O edil considerou tamén que esta convocatoria, a cargo da Concellería de Culturas, responde á estratexia do goberno local de "que a administración non acapare as prácticas culturais na cidade" se non que se fomente a actividade dos "axentes especializados".

A convocatoria de axudas para "o número notable" de espazos culturais de proximidade da cidade ten como obxectivo impulsar ese traballo mediante a financiación, con 50.000 euros, de parte da programación artística nas salas de artes escénicas e municipais do termo municipal. As actividades subvencionables deben realizarse durante o presente ano, incluír un mínimo de catro días de programación ou catro actuacións de diferentes formacións e que a proposta contemple un mínimo dun 30% de actuacións en lingua galega ou de creadores locais, como indicou Sande. Os gastos subvencionables serán os honorarios artísticos e dereitos de autor, servizos técnicos e alugueiro de material, gastos de comunicación, difusión e imaxe ou gastos de viaxes e aloxamentos dos artistas, mentras que os investimentos, xuros ou gastos en impostos, entre outros, quedarían fóra desta convocatoria.

Como explicou o concelleiro de Culturas, a convocatoria contempla un límite máximo nas axudas, segundo o proxecto, xa que as entidades promotoras deberán cubrir unha porcentaxe do custo. Así, as salas de teatro e danza poderán optar ata a 18.000 euros -que poden representar ata o 75% do prezo total da programación-, o máximo "pola situación máis endeble" destes espazos. No que respecta ás salas de música, as que teñan ata 120 persoas de aforo poden solicitar un máximo de 10.000 euros -que cubran tamén un máximo do 75% do custo-, nos casos que poidan albergar entre 120 e 350 persoas de público terán 6.000 euros -un 60% do total do prezo-, e, por último, as salas cun aforamento superior a 350 persoas terán límite de 4.000 euros, que suporá a metade do custo da programación. Esta gradación das contías máximas débese a que salas de música con máis capacidade "poden ter unha rendabilidade económica", indicou o edil.

Entre os criterios que se terán en conta á hora de valorar os proxectos están a difusión dos valores de igualdade de xénero, a antigüidade da sala ou da actividade e a contribución á vertebración da estrutura cultural e artística da cidade, que inclúe o apoio á creación local, de novos públicos, novos creadores e á creación en lingua galega. O prazo de solicitude será de 15 días dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e o de resolución das subvencións ten un período máximo de seis meses, "aínda que resolveremos cando antes xa que as salas precisan coñecer as cuantías para facer a programación".

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión