Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de marzo de 2019

A Coruña acolle desde mañá a primeira edición do Festival Nómada de Cultura Africana 'Harmatán', que inclúe teatro, danza, cine e mesas redondas

A iniciativa itinerante contará con actividade no Teatro Colón e no Teatro Rosalía Castro, que programa este mércores, co gallo do Día Mundial do Teatro, a obra ‘The Island’, un traballo da compañía Deux temps trois mouvements, de Burkina Faso

A Coruña será unha das sedes da primeira edición do Festival Nómada de Cultura Africana Harmatán, unha proposta itinerante na que colabora a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento e que nace co obxectivo de achegar ao público as diferentes propostas artísticas vinculadas ao continente africano. A iniciativa, que se desenvolverá de xeito paralelo tanto no municipio coruñés coma en Móstoles e Murcia, presentará expresións vinculadas ao teatro, danza contemporánea, literatura e cine, e terá a Burkina Faso como país convidado. No caso da Coruña, Harmatán desenvolverá desde mañá a súa actividade no Teatro Rosalía Castro e no Teatro Colón. Así, este mesmo mércores, co gallo do Día Mundial do Teatro, o recinto de Rego de Auga acollerá, ás 20.30 horas, a representación, no marco da programación do Ciclo Principal de primavera, da obra The Island. O espectáculo, que será en francés e contará con subtítulos en castelán, recrea unha historia real sobre a experiencia do autor Athol Fugard e a súa compañía de teatro sudafricana Serpent Players, creada en 1973 por artistas negros. Durante os ensaios de Antígona, a compañía foi detida e encarcerada no penal de Robben Island, en pleno apartheid.  A compañía Deux Temps Trois Mouvements será a responsable de levar á escena a obra, baixo a dirección artística de Hassane Kassi Kouyaté.

De cara á fin de semana, o Teatro Colón acollerá dúas propostas de acceso gratuíto até completar a capacidade do recinto. A primeira delas será o venres 29, ás 11.00 horas, coa proxección de Wallay, un filme que describe a vida cotiá en Burkina Faso a través da mirada de Ady, un rapaz de 13 anos que visita á súa familia en África occidental. Ao finalizar a exhibición, celebrarase unha charla-debate na que participará Marion Berger, responsable do Festival de Cinema Africano de Tarifa-Tánger. Ao día seguinte, o sábado 30, terá lugar a segunda proposta do Colón. Ás 19.00 horas comezará a mesa redonda Muller e África, que contará coa participación da escritora Ken Bugcultul, a activista Nicole Ngongala e a xornalista Lucía Mbomío. As tres mulleres profundarán en cuestións como a identidade como muller negra, as situacións de discriminación de xénero ou a representación nos medios de comunicación das persoas africanas e afrodescendentes.

Finalmente, o domingo 31, contra ás 20.30 horas, o ciclo TRC Danza dará a coñecer a proposta Performers, un traballo de investigación coreográfica e interdisciplinar que se dirixe á sensibilización de públicos en Burkina Faso e Francia. En escena estarán os coreógrafos Auguste Ouédraogo e Bienvenie Bazié, que contarán coa música de Wendlavim Zabsonre e a técnica de Frabice Barbotin.

As entradas para os espectáculos que teñan lugar no Teatro Rosalía poderanse adquirir a través das canles de venda habituais. Para máis información sobre o Festival Harmatán pódese visitar https://festivalharmatan.com/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión