Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de decembro de 2018

A Coruña acollerá a I Copa de España de Marcha Nórdica, que se celebrará o 24 de marzo na contorna da Torre de Hércules

O edil José Manuel Sande salienta a vertente saudable, accesible e de visibilización da actividade deportiva, realizada maiormente por mulleres que conxuga esta recente disciplina

A Coruña acollerá o vindeiro ano a I edición da Copa de España de Marcha Nórdica, que se celebrará na contorna da Torre de Hércules o día 24 de marzo. Trátase dunha disciplina deportiva emerxente, como apunta o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, "á que cada día se suman máis persoas na nosa cidade e da que A Coruña xa foi escenario da primeira proba do circuíto estatal". O edil salienta "a alta participación das mulleres" nesta modalidade deportiva, "que conxuga a introdución de hábitos saudables con outros aspectos positivos como poden ser o baixo custo e que é accesible para amplas franxas de idade, o que impacta na democratización da súa práctica". A iniciativa xorde por iniciativa do Club Marcha Nórdica da Coruña, que se creou en febreiro deste ano.

Na marcha nórdica, que foi recoñecida como modalidade deportiva en xuño de 2015 pola Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), as e os participantes empregan uns bastóns especialmente deseñados para o desenvolvemento da actividade, co obxectivo de optimizar o esforzo físico. "É ademais adecuado para desenvolverse tanto en ámbitos urbanos como para potenciar o contacto coa natureza, como sucederá neste caso, no que se proxecta un circuíto na contorna da Torre de Hércules, un espazo que escollen habitualmente as persoas que fan marcha nórdica na nosa cidade", apunta.

A cidade acolleu o pasado ano a primeira proba do circuíto estatal de marcha nórdica, organizada polo Consorcio de Turismo da Coruña en colaboración coa FEDME e a Federación Galega de Deportes de Montaña, na que se rexistraron máis de 100 participantes, dos que máis da metade, o 65% foron mulleres.  

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión