Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de marzo de 2018

A exposición 'Mocidade, ciencia, futuro' ofrece na Domus unha reflexión sobre o papel fundamental dos e das profesionais da investigación científica

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, presentou hoxe a mostra, que se pdoerá visitar ata final do verán e que, como salientou, “quere lanzar unha mensaxe de futuro”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou este venres na Domus na presentación da nova exposición Mocidade, ciencia, futuro. A mellor forma de predecir o futuro é crealo, unha mostra creada polos Museos Científicos municipais, en colaboración coa Universidade da Coruña  e o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC) e cuxo obxectivo, segundo indicou, pasa por fomentar unha reflexión informada sobre o papel que desempeñan os e as profesionais da investigación científica desde múltiples perspectivas, e a importancia da formación neste ámbito. Nese sentido, o responsable municipal, que estivo acompañado no acto do director dos Museos Científicos coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, sinalou a "absoluta vixencia" desta iniciativa, "que lanza unha mensaxe de futuro ante un panorama no que está presente ese exilio científico ao que desdichadamente somos tan afeccionados neste país". "As institucións temos a función e a obriga de fomentar o interese pola cultura científica e na Coruña temos o privilexio de contar coa rede municipal de museos científicos, un símbolo absoluto para facer atractivos o saber a cultura científica", salientou Sande.

A exposición, que se pode visitar na Domus ata final de verán e despois estará dispoñible para exhibirse en centros públicos, está formada por sete prismas de base triangular nos que se presentan vinte temas de forma gráfica. 'Ciencia no exilio', 'Un traballo para vivir', 'O éxito non ten idade', 'Unha perspectiva histórica', 'O empuxe da ciencia', 'Vocacións en crises', 'Toda a ciencia é útil', 'Do laboratorio á industria', 'A ciencia interesa', 'Ciencia para todas' ou 'Educar para o futuro' son algúns destes temas. Aos textos descriptivos acompañan imaxes, gráficos, e algunhas viñetas humorísticas, realizadas para esta exposición polo debuxante Santy Gutiérrez.

A mostra conta ademais coa colaboración dunha trintena de investigadores e investigadoras vinculados á Coruña, que facilitaron a súa presenza no relato de contidos; a maior parte, é xente nova que está en diversas fases da súa carreira investigadora. "Quixemos dar presencia e visibilidade a un dos colectivos que sufriu fortemente as consecuencias de crise, e convertir esta mostra nunha resposta optimista e participativa", apuntou o concelleiro. Xunto a eles e elas, tamén participaron profesionais cunha carreira consolidada, como Marisol Soengas, Sonia Villapol ou Xosé R. Bustelo, "que poden servir de referencia á mocidade", apuntou.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión