Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de outubro de 2018

A Fundación Luís Seoane acollerá este xoves a primeira edición do encontro Modulartec, que pon en valor o sintetizador musical como ferramenta para a produción artística

O edil José Manuel Sande presentou a cita, cuxa entrada será libre e contará coa participación de Robert Aiki Aubrey Lowe e dos galegos Death Whistle e Pao Durán

A Fundación Luís Seoane acollerá na noite do vindeiro xoves, 25 de outubro, a primeira edición de Modulartec, o Encontro de Síntese Modular da Coruña, unha iniciativa artística que aborda o papel dos sintetizadores como ferramentas fundamentais na produción musical. O concelleiro da área de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación da iniciativa, que se celebrará entre as 21.00 e as 01.00 horas na entrada do equipamento, e cuxa entrada será libre de cara a favorecer o acceso á veciñanza ao coñecemento vinculado á produción musical actual.  

O edil valorou positivamente a posta en marcha dunha iniciativa "que ten un importante público na cidade", que comparte vínculos con outros proxectos que se desenvolven na Coruña e que teñen que ver cos estudos sonoros ou a música electrónica", como é o caso das sesións Vortex, no Planetario da Casa das Ciencias, ou o festival Fanzine. "Son distintas pegadas que orientan un dos restos máis fascinantes, a nivel artístico e cultural, da arte contemporánea. Na historia musical hai distintas rupturas e este é un dos lugares de experimentación", sinalou Sande, que estivo acompañado do responsable do evento, Ricardo Ramos, e de Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane. Ricardo Ramos salientou que se trata da primeira vez que, dos diferentes festivais ou eventos musicais que se celebran na Coruña, "todos os artistas que interveñen no programa empregan sintetizadores modulares". No encontro participarán tres músicos de proxección internacional, como son o estadounidense Robert Aiki Aubrey Loew, quen é, como apuntou Ramos, "un primeiro espada que leva moitos anos desenvolvendo, como enxeñeiro de son, este tipo de sistemas e colaborando con artistas de diferente índole"; Death Whistler, o proxecto electrónico do deseñador sonoro e compositor galego Víctor García, autor das BSO de Decorado ou Psiconautas; e Pao Durán, artista vinculado ao 3D que ofrece unha proposta audiovisual na que mistura sons dos sintetizadores modulares con cores psicodélicas e imaxes dos sintetizadores de vídeo dixital.

Museo de Arte Contemporánea

Preguntado polos medios de comunicación sobre o cese da actividade do Museo de Arte Contemporánea de Naturgy, o concelleiro de Culturas lamentou a decisión da empresa e avanzou a disposición do Concello da Coruña de impedir o seu peche.  "O MAC debe continuar coa súa actividade. É un valor e equipamento cultural de primeira orde", aseverou o edil, quen avanzou que o goberno local "xa está en conversas con Naturgy", e expresou o seu desexo de contar con outras administracións "para poder tratar de manter tanto a colección como, sobre todo, a actividade cultural do equipamento".

"Hai que tomar a palabra da Xunta en relación á súa vontade de que a colección permaneza en Galicia, pero debería perdurar concretamente, e de xeito estable, na Coruña. Alén dos localismos o MAC é un símbolo cultural desta cidade, e o obxectivo do goberno local vai encamiñado a traballar nesta liña: impedir o peche e preservar os fondos na Coruña, onde sempre estiveron", aseverou.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión