De Florian Zeller
Para público en xeral
Dende o 26/01/2018 ata o 27/01/2018
Xa rematou
20.30 h
(Pídese puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala)
90 minutos (sen intermedio)
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
26,00 €; 22,00 €; 18,00 € e 12,00 €
El padre é cualificada polo propio autor, Florian Zeller, de farsa tráxica.
E aí radica a súa grandeza e a súa dificultade.
Trata un tema tan espiñento como a perda da realidade debida á vellez.
Colócanos na perspectiva dunha mente confusa ou, quizais, confundida polos intereses dos que o rodean, nunca o saberemos.
Sen ridiculizar xamais o carácter principal, Andrés fainos rir.
As situacións ambiguas, moitas veces contraditorias, as réplicas mordaces, os personaxes duplicados, cambiantes, e por encima de todo a dúbida de se o que realmente sucede é o que di a familia ou é o que sente o pai, producen unha das obras máis divertidas, apaixonantes e profundas do teatro contemporáneo.
Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia e a maioría das veces a un inquietante "thriller" ao estilo Hitchcock.
Nunca decae e cando cremos estar nunha certeza, un revés inesperado, unha imaxe nova desconcértanos e vólvenos a atrapar. Gran divertido teatro.
Naturalmente é unha obra escrita para un actor.
Contar con Héctor Alterio para o papel principal converte este proxecto nun soño para calquera equipo, xa que o rigor, a intelixencia, o dramatismo e o sentido do humor están garantidos.
Jose Carlos Plaza
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible