Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "El príncipe"

De Nicolás Maquiavelo

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/02/2018 ata o 24/02/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

70 minutos (sen intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20% )

Televenda:

Ticketea

Maquiavelo escribiu O príncipe en 1513. Cinco séculos despois, as súas palabras seguen absolutamente vixentes. É un manual escrito para que os gobernantes saiban como manexar o pobo ou é un aviso ao pobo sobre como somos manexados polos gobernantes? A ambigüidade é unha constante na obra e na vida de Niccoló di Bernardo dei Machiavelli. De feito, non creo que debamos diferenciar a unha da outra. A complexidade da súa descarnada análise política toma maior altura cando un coñece o seu angustioso periplo vital. Este foi o obxectivo ao construír O príncipe de Maquiavelo: fundir obra e creador, darlle voz a un fascinante personaxe ao que demasiados condenaron á escuridade moral sen concederlle sequera a oportunidade de explicarse. Agora tena. E debe ser escoitado para, de paso, demostrarnos que o poder, de calquera ideoloxía e en calquera época, obedece sempre ás mesmas regras, sexa cal fose o fin, sexan cales sexan os medios.

Con Fernando Cayo

Dramaturxia e dirección: Juan Carlos Rubio

Concha Busto Producción y Distribución e Juan Carlos Rubio Producciones

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Para mercar entradas para o venres 23 pulse aquí

Para mercar entradas para o sábado 24 pulse aquí

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión