Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Jane Eyre, unha autobiografía

De Charlotte Brontë, adaptación de Anna Maria Ricart baixo a dirección de Carme Portaceli

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/02/2019 ata o 09/02/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

120 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

26,00, 22,00, 18,00 e 12,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo.

As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro.

O máis fantástico deste personaxe e desta novela é o feito de que Jane Eyre, desde o seu nacemento e sen ter unhas circunstancias que a leven a ser deste xeito, ten no seu interior o instinto de superación máis impresionante que xamais lese. Xa no internado de pobres, a onde a envían para sacala de encima porque xa se enfrontaba á inxustiza desde moi pequena, ela percibe a súa incapacidade por deixarse maltratar en ningunha das vertentes nas que os malos tratos puidesen disfrazarse. Jane pregúntalle á súa amiga Helen por que se deixa castigar deste xeito. Helen respóndelle que ela está aí para recibir unha educación e que isto forma parte da conquista deste grande obxectivo. E Jane di "non sería capaz de soportar esta humillación, eu non o perdoaría. Se todos obedecésemos e fósemos amables cos que son crueis e inxustos, eles nunca nos terían medo e serían cada vez máis malos. Se nos pegan sen razón temos a obriga de devolver o golpe, estou segura, e con forza, para lle deixar claro a quen o fai que non o pode repetir".

Carme Portaceli

Con Aridana Gil, Abel Folk, Gabriela Flores, Jordi Collet, Pepa López, Joan Negrié, Magda Puig, Alba Haro, Clara Peya-Laia.

Dirección: Carme Portaceli

Compañía: Produción de Teatro Lliure. Produción en xira Factoría escénica internacional

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/search/?term=jane%20eyre

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión