Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: María Zambrano "La palabra danzante"

De Cristina D. Silveira

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

10/03/2018

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

60 minutos (sen intermedio)

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20%)

Televenda:

Ticketea

Karlik danza teatro no seu 25 aniversario desexa renderlle homenaxe a María Zambrano, filósofa española, cando se cumpren tamén 25 anos do seu falecemento. Tras case medio século de exilio España recoñecerá a figura de María Zambrano outorgándolle en 1981 o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades e en 1988 será a primeira muller en recibir o Premio Miguel de Cervantes de Literatura.

Renderlle homenaxe á figura de María Zambrano como muller, pensadora, creadora a través da palabra danzante, da imaxe, a metáfora e o símbolo desde o pensamento poético, a emerxencia do logos feminino, o desenvolvemento do humano esencial, a transculturalidade, a universalidade.

María Zambrano internaranos no pensar desde as entrañas, desde a vontade, desde o amor para comprender que só homes novos poderán crear unha nova sociedade facendo da vida a verdadeira obra de arte de todo ser humano destinada a cambiar a historia.

"Vivimos en estado de alerta, sentíndonos parte de todo o que acontece, aínda que sexa como minúsculos actores na trama da historia e aínda na trama da vida de todos os homes. Non é o destino, senón simplemente comunidade -a convivencia- o que sabemos envólvenos: sabemos que convivimos con todos os que aquí viven e aínda cos que viviron. O planeta enteiro na nosa casa." De La aurora (fragmento) María Zambrano.

Con Cristina Pérez Bermejo, Elena Sánchez Navado

Dirección e dramaturxia: Cristina D. Silveira

Karlik Danza

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226 - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión