Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: "Sueño de una noche de verano"

Namoreime de "Sueño de una noche de verano" a través de Dream, a adaptación da obra de Shakespeare de Lindsay Kemp no Teatro María Guerrero.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/12/2020 ata o 05/12/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

21´50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

Tanto, que me deixaban tomar clase de danza con eles. Eu tiña catro anos. Pouco despois a compañía fixo unha película e a miña adorada Bimba Bosé e eu interpretabamos fadas pintadas de verde da cabeza aos pés. Aínda me acordo das ás, as teas de araña e de que toda a casa foi verde mentres durou a rodaxe.

Creo que o que máis me conmove desta obra é a humanidade e vulnerabilidade de todos os seus personaxes. Nada é o que parece. Ningún somos o que aparentamos.

E emociónome, río e sufro ao ler os estragos, agravios e desafíos que Shakespeare lles fai vivir aos seus protagonistas. A fraxilidade das nosas decisións, a volatilidade do noso amor. A falta de control absoluta sobre os nosos destinos, sobre as nosas vidas e ás veces sobre os nosos sentimentos. De cantos Bottoms con cabeza de burro nos namoramos sen facer falta ningunha poción? Cantas veces cambiou o curso do noso amor sen necesidade de que Robin se cruzase nos nosos camiños?

Mesmo cando experimentamos a felicidade máis anhelada tememos estar durmidos e perdela ao espertar. O temor a que a realidade nos desposúa dun estado «soñado», é algo que compartimos todos os seres humanos. Mesmo eu, agora, temo espertar, e descubrir que soñei que vou dirixir "Sueño de una noche de verano" con La Joven CNTC.

Investigar, entrar nesta obra que trata de soños, amor, celos, vinganza, desamor, orgullo, traizón e inocencia con actores novos, cheos de enerxía, forza, curiosidade, diversión e moito talento é un privilexio, un agasallo, un soño. Así que espero, e mentres espero, soño.

Bárbara Lluch (dirección)

Con Mariano Estudillo, Teresa Lozano, Anna Maruny, Alejandro Pau, Aisa Pérez, Pau Quero, Alba Recondo, Víctor Sainz, Irene Serrano, José Luis Verguizas

Dirección: Bárbara Lluch

De La Joven Compañía Nacional de Teatro Clásico

*Venda de entradas a partir do 14 de setembro

Despacho Central, da praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía Castro: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 662 867 109

Web: https://coruna.sacatuentrada.es/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión