Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: The Island

De Athol Fugard baixo a dirección de Hassane Kassi Kouyaté. Programación especial do Día Mundial do Teatro 2019. Espectáculo en francés con subtítulos en castelán.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/03/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

75 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

(Deben ter entrada todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

(As persoas beneficiarias de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)

Televenda:

Ticketea

Esta obra recrea unha historia real sobre a experiencia do autor Athol Fugard e a súa compañía de teatro surafricana "Serpent Players", creada en 1973 por artistas negros.

Durante os ensaios de Antígona foron detidos e encarcerados no penal de Robben Island na época do apartheid. The Island conta esta historia a través de dous prisioneiros condenados a traballos forzados que comparten cela. Pasan os seus días realizando duros traballos na canteira e as noites ensaiando Antígona de Sófocles para representala fronte aos demais presos. A obra traza paralelismos entre a hstoria de Antígona e a dos presos políticos negros, nunha posta en escena de gran calidade interpretativa onde o drama e o humor serven de ferramenta para contar unha historia de resistencia a través da arte. A Compañía Deux Temps Trois Mouvements, procedente de Burkina Faso, conta coa dirección artística de Hassane Kassi Kouyaté e The Island, o seu espectáculo máis representado, coa súa dirección e interpretación. Trátase dun pioneiro do teatro africano que compartiu experiencias creativas ao longo do seu percorrido creativo con artistas da categoría de Peter Broook.The Island é unha fermosa peza teatral divertida e conmovedora. Esta representación enmárcase dentro do proxecto HARMATÁN (Festival Nómade de Cultura Africana), un festival que recala na Coruña cunha mostra do seu teatro, danza, cinema e pensamento, unha das tres cidades do Estado no que se poderá gozar deste festival xunto con Murcia e Móstoles. A idea orixinal deste festival itinerante é da produtora canaria Unahoramenos e a idea nace ao amparo da celebración do encontro cultural MAPAS 2017.

Con Hassane Kassi Kouyaté e Habib Dembelélé

Dirección: Hassane Kassi Kouyaté

Compañía: Deux Temps Trois Mouvements. Burkina Faso

*Venda de entradas soltas a partir do 9 de xaneiro

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión