Grafistas e impresores en Bos Aires 1936-1950
Para público en xeral
Dende o 17/11/2017 ata o 01/04/2018
Xa rematou
Un itinerario sobre pezas chave da gráfica editorial arxentina durante a chamada 'época dorada da edición' amosando o traballo dos ditos Attilio Rossi, Grete Stern e Horacio Coppola, e doutros destacados grafistas como Jakob Hermelin e Luis Seoane, así como do impresor Manuel López.
A exposición toma como punto de partida o volume Como se imprime un libro, un fotolibro deseñado a principios da década dos 40 polo pintor e deseñador gráfico Attilio Rossi, que explicaba de maneira detallada os distintos procesos necesarios para a elaboración dun libro a través das imaxes dos fotógrafos Horacio Coppola e Grete Stern, A exposición, comisariada polo deseñador David Carballal e pola directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, propón un achegamento a todo aquilo que conforma o pequeno universo plástico do libro a través dunha montaxe que subliña os aspectos máis relevantes dos distintos elementos que o compoñen: o formato, a diagramación, os tipos de letra, as ilustracións, o deseño das cubertas, dos emblemas editorias, a impresión e a encadernación, etc. A selección de pezas, que inclúe preto de cen títulos, a maioría primeiras edicións, e na que están representadas máis de 12 editoriais e unha vintena de coleccións, réxese en función do seu valor como achegas a esa obra colectiva, multiforme pero claramente identificable, que será o deseño editorial latinoamericano durante o pasado século, e que na década dos 40 experimenta o seu primeiro e máis forte impulso co nacemento de editoriais como Losada, Emecé, Espasa-Calpe Argentina ou Nova.
Comisario:
David Carballal, Silvia Longueira Castro
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible