Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concursos Entroido 2019 (bases)

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento publicou na súa páxina web as bases para inscribirse nos concursos do Entroido na cidade. Realizaranse concursos de música e letra, vestiario e coreografía, carrozas, infantil de disfraces e choqueiros.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/02/2019 ata o 06/03/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 13/02/2019 ata o 22/02/2019

* Para inscribirse debe descargar a Folla de inscrición Entroido 2019 e enviala por correo electrónico a: entroido.imce@coruna.es

CONCURSOS DE MÚSICA E LETRA - VESTIARIO E COREOGRAFÍA - CARROZAS

  1. Concurso de música e letra

O concurso de música e letra terá lugar nunha gala que se realizará o 24 de febreiro ás 18:00 horas no Palacio da Ópera.

Os premios destinados para este concurso son os seguintes:

Primeiro premio 1.500,00 €

Segundo premio 1.200,00 €

Terceiro premio 800,00 €

Accésits 150,00 € (nunca superior a 4).

  1. Concursos de Vestiario e coreografía e Carrozas

Os concursos terán lugar o día 2 de marzo nun desfile que discorrerá desde o Cantón Pequeno ata a praza de María Pita.

Os premios destinados para estes concursos son os seguintes:

Vestiario e coreografía

Primeiro premio 1.500,00 €

Segundo premio 1.200,00 €

Terceiro premio 800,00 €

Cuarto premio 500,00 €

Quinto premio 300,00 €

Accésits 200,00 € (nunca superior a 15).

Carrozas

Primeiro premio 1.500,00 €

Segundo premio 1.200,00 €

Terceiro premio 800,00 €

Cuarto premio 500,00 €

Quinto premio 300,00 €

Accésits 200,00 € (nunca superior a 5).

-O límite para formalizar a inscrición gratuíta nos concursos de comparsas e carrozas, aberto a persoas e tamén entidades, finaliza aos dez días desde a súa publicación na web, e pódese facer a través do envío da folla de inscrición ao correo electrónico: entroido.imce@coruna.es ou mediante a súa presentación nas oficinas do IMCE (Avenida da Mariña, 18, 15001 A Coruña).

-Na modalidade de música e letra cada grupo deberá interpretar dúas cancións inéditas de non máis de catro minutos co seu acompañamento musical. As letras e unha gravación dos temas débense achegar xunto coa ficha de inscrición. A comparsa que resulte gañadora deberá interpretar as súas cancións no acto de entronización do Deus Momo, que terá lugar o 1 de marzo no Obelisco. O resto das comparsas participantes tamén deberán estar presentes no acto de entronización, e deberán participaren no desfile do día 2 de marzo. Haberá ocasión de escoitar as cancións gañadoras no programa de radio especial Entroido 2019 que se emitirá o martes 5 de marzo en directo desde o Campo da Leña entre as 12.20 e as 14.00 horas.

-As inscritas nas modalidades de Vestiario e coreografía e Carrozas formarán parte do habitual desfile de Entroido, que percorrerá as rúas da cidade o sábado 2 de marzo a partir das 17.30 horas. Valorarase a singularidade das creacións, os materiais de elaboración, a confección artesanal, a complexidade da confección, o volume de elementos presentados, os acabados dos disfraces e os seus complementos, así como a graza para o seu porte e as coreografías que as comparsas desenvolvan durante o desfile. Tamén será un requisito que participen en todo o percorrido do desfile e que un ou unha representante do colectivo que resulte vencedor acuda ao programa de radio Entroido 2019.

Para estes tres concursos, o xurado estará composto por membros da corporación municipal e cinco persoas de recoñecido prestixio do ámbito artístico e cultural.

CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES E DE CHOQUEIROS

-Poderán presentarse ao concurso todos os nenos e nenas nacidos/as despois do 31 de decembro de 2006 e poderanse inscribir desde unha hora antes do inicio no lugar onde se desenvolverá o concurso (16:00 h).

Poderán participar nunha soa modalidade: individual ou de grupo (máis de dous participantes), e non se permite a inscrición en ambas as modalidades.

-O inicio do concurso está fixado para as 17:00 horas do martes 5 de marzo no Campo da Leña, ou onde determine a organización se as condicións meteorolóxicas non permiten a súa realización nese lugar.

-Establécense os seguintes premios:

MODALIDADE INDIVIDUAL

Primeiro vale de 100 € para un lote de libros de literatura infantil

Segundo vale de 75 € para un lote de libros de literatura infantil

Terceiro vale de 50 € para un lote de libros de literatura infantil

MODALIDADE DE GRUPO

Primeiro vale de 150 € para un lote de libros de literatura infantil

Segundo vale de 100 € para un lote de libros de literatura infantil

Terceiro vale de 75 € para un lote de libros de literatura infantil

CONCURSO DE CHOQUEIROS

-As vestimentas máis estrafalarias veranse o martes de Entroido no barrio de Monte Alto. O concurso de choqueiros premiará a imaxinación de quen, de maneira individual ou en grupo, se disfrace sen utilizar traxes comercializados. A inscrición realizarase o propio día 5 de marzo entre as 19.00 e as 20.00 horas na entrada principal da Escola Municipal de Música (rúa da Torre, 67). As participantes mostrarán as súas galas choqueiras a partir das 20.00 horas nun escenario que se instalará na confluencia entre a rúa da Torre e Curros Enríquez, ou onde determine a organización se as condicións meteorolóxicas non permiten a súa realización nese lugar.

-Poderán participar todas aquelas persoas nadas antes do 1 de xaneiro de 2007.

-Establécense os seguintes premios:

MODALIDADE INDIVIDUAL

Un primeiro premio de 500,00 €

Tres segundos premios de 300,00 €

Cinco terceiros premios de 150,00 €

MODALIDADE DE GRUPO

Un primeiro premio de 600,00 €

Dous segundos premios de 400,00 €

Tres terceiros premios de 200,00 €

-Ademais, entregaranse 100 lotes de Entroido aos primeiros inscritos (1 mini lacón e unha ristra de chourizos). Na categoría de grupo entregarase un máximo de 4 lotes por grupo.

Bases concurso Entroido 2019

Folla de inscrición Entroido 2019

Boletín oficial da provincia da Coruña (BOP)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión