Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

`Corpo Natura´ exposición de Gimena Berenguer

Cando:

Dende o 01/06/2018 ata o 31/07/2018

Enderezo:

Centro Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

libre

Porque todos somos diferentes…

Cando me encargaron este proxecto sobre discapacidade relacionada cun contorno natural tíñao moi claro, pero a medida que o traballo avanzaba esa claridade íase difuminando cada vez máis.

Non existe etiqueta máis baleira de realidade que a de discapacidade e discapacitado. Discapacidade? Discapacitado? Discapacitado, por que? Para que? Para quen? A normalidade é un espellismo, unha simple etiqueta que separa, todos somos en esencia iguais, porque todos levamos dentro, e algúns incluso por fóra, algunha discapacidade e con este traballo o único que se pretende é romper fronteiras e mostrar que todos somos diferentes, e precisamente nesa diferenza radica o concepto de normalidade.

Todos somos normais, todos temos a nosa forma de ser e estar. Non existe a discapacidade, os límites que nos pon a vida están para saltalos e avanzar pantalla. A única discapacidade realmente grave é a falta de corazón. E nunca, nunca debemos esquecer que as nosas capacidades son sempre máis grandes cás nosas discapacidades. Viva a diversidade!   

            

Calendario

Busca de eventos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?