Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2019

Coruña Dixital propón este sábado unha sesión aberta para dar a coñecer o resultado dos talleres de realidade aumentada, narrativas populares contemporáneas e vídeo mapping

O centro Ágora acollerá mañá, desde as 11.00 horas, a xornada DEMO, na que participarán María Yáñez, Aida Vidal e Pablo Ferrer

O programa municipal Coruña Dixital, impulsado pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, promove este sábado, 23 de marzo, a celebración dunha sesión aberta á veciñanza sobre o traballo que se desenvolveu nos últimos tres meses de actividade ao abeiro do seu Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC). A xornada DEMO, de perfil divulgativo, permitirá dar a coñecer, dun xeito ameno, como foi o proceso de aprendizaxe colaborativa das persoas participantes nos tres eixos que definiron esta edición do LAIC, que foron realidade aumentada, vídeo mapping e narrativas populares contemporáneas.

Así, contra ás 11.00 horas, a xornalista María Yáñez compartirá a experiencia do grupo de narrativas populares contemporáneas. De seguido, a enxeñeira informática Aida Vidal falará do proceso realizado en realidade aumentada e, a continuación, o experto en vídeo mapping Pablo Ferrer explicará as ferramentas, posibilidades e dificultades que xurdiron na experimentación con esta tecnoloxía ao longo destes tres meses. As charlas completaranse coa posibilidade de probar algún dos prototipos desenvolvidos nos obradoiros de realidade aumentada e gozar dunha pequena exhibición de vídeo mapping.

A entrada para a xornada DEMO, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 13.00 horas da mañá, é de balde. Para máis información sobre esta xornada, así como para consultar todas as sesións realizadas neste 2019, pódese visitar a páxina web de Coruña Dixital, www.corunadixital.gal  

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión