Concello da Coruña

Concello da Coruña

Disidencias

Con esta exposición, Gosia Trebacz (Cracovia, 1971) artista multidisciplinar, aborda de maneira brillante un traballo de indagación persoal cun discurso visual de gran potencia narrativa e dunha poética netamente contemporánea.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/02/2018 ata o 06/03/2018

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás de 11:00 a 13:30 h

Tardes: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos e festivos

Mañás de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

gratuíta

Desde a mestura sabia de recursos gráfico-plásticos, Gosia Trebacz intérnase no visual coa incorporación da fotografía, cerrando así un círculo coa brillantez como resultado final.

Disidencias narra a particular visión da artista do corpo como un espazo-ferramenta ao servizo da expresión do movemento capturado en instantes cargados de gran poesía visual, utilizando técnicas combinadas que van desde a colaxe ao pictórico e o gráfico, todo iso nun mesmo soporte, e no que o seu tamaño varía do mínimo ao gran formato.

Gosia é ademais un exemplo persoal de integración cultural: unha eslava, sen diluírse, forma parte do traballo de facer cultura no noso contexto atlántico, com máis de vinte anos de actividade.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión