Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día Internacional dos Museos: Museo de Belas Artes

Con ocasión da celebración do Día Internacional dos Museos, o Museo de Belas Artes da Coruña ofrece unha serie de actividades para todos os públicos.

Cando:

18/05/2013

Xa rematou

Enderezo:

Museo de Belas Artes

-O museo da memoria:
Actividade para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Mañá de 11.30 a 13.30 h.
Tarde de 17.30 a 19.30 h.

Partindo do lema escollido polo ICOM para o DIM 2013 “MUSEOS (MEMORIA+CREATIVIDADE)= PROGRESO SOCIAL propoñemos unha actividade que pon en valor o museo como institución onde conservamos a memoria e lugar no que fomentamos a creatividade. Durante a visita comentaremos entre todos cadros que nos falan dos costumes, modos de vida e mentalidades dos homes e mulleres do pasado.

Previa inscrición.

-Obras con historia- Os retratos portadores da memoria: 
Visitas comentadas a obras da colección permanente do museo. Falaremos dos personaxes dos retratos, as intencións con que se fixeron e recolleremos os costumes sociais que se representan nestes cadros...
Horario de 17.30, 18.30 e 19.30 h.

 

-Un museo musical:
Coa colaboración da Escola de Músicos farase un percorrido polo museo animado coas músicas de cada época, interpretadas en vivo. Nesta actividade ponse en relación a arte coa música. Os microconcertos faranse nas salas do barroco, do rexionalismo e na arte vangarda.
Pases: 20.30 e 21.30 h.
Entrada libre.

 

-Jazz no museo: GRUS ART (Fito Ares e Ber Martínez, artista invitado Risto Voulanne).
Fito Ares e Ber Martínez forman un dúo de música inprovisada Grus Art. Influenciados principalmente do free jazz dos 60 e tamén de moitas outras músicas. Músicos integrantes do inicio do colectivo Filloa da Coruña, veñen practicando a música improvisada dende os anos 70 en distintas formacións e eventos puntuais.

Horario 22.30 h.
Entrada libre ata completar aforamento.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión