Concello da Coruña

Concello da Coruña

Docs do mes: Of fathers and sons

O director de Return to Homs volve á súa terra para vivir dous anos coa familia de Abu Osama, membro de Al-Qaeda en Siria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

06/11/2018

Xa rematou

Horario:

20:00 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)

** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.

Televenda:

Ticketea

Alí será testemuña de como os seus fillos son adestrados, desde moi pequenos, para converterse en soldados da Jihad. Descubrimos desde dentro que significa crecer cun pai jihadista.

Os seus dous fillos, Osama e Ayman, adoran e admiran o seu pai e obedecen as súas palabras, pero mentres Osama parece seguir o camiño da Jihad, Ayman quere volver á escola... Despois de gañar o Premio do Gran Xurado do World Cinema en Sundance, Talal Derki sedúcenos cunha historia que, a través do día a día de dous nenos, permítenos comprender a complexidade e a traxedia do conflito que vive Siria actualmente.

Director Talal Derki

Alemaña, Siria, Líbano, Catar (2017)

98 min

VOS castelán

Idioma: árabe

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) - web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión