Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro coa autora de "Máis aló do azul e do rosa", Ana Torres Jack

Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista dende a familia.

A quen vai dirixido:

Persoas adultas, Familias

Cando:

06/03/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Esta é unha cuestión que segue a preocupar, e moito, en todos os ámbitos, malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre homes e mulleres.

Precisamente porque aínda queda moito camiño por andar, boa parte desa andaina ten que facerse dende o ámbito doméstico, dende as casas, dende a acción educativa das nais e dos pais. Dende o fogar podemos facer moito, e Ana Torres Jack ofrécenos dunha maneira sinxela, e moi clara, estratexias concretas para previr a desigualdade de xénero e a violencia machista dende a familia.

Ana Torres Jack é orientadora educativa de ensino secundario dende 1998, colaboradora de La Voz de Galicia, onde publica semanalmente artigos dirixidos a familias e docentes dentro do suplemento La Voz de la Escuela. Como creadora da sección web "Os fillos: instrucións de uso" dentro da canle educativa da Fundación Barrié, publicou series monográficas con enfoque práctico dedicadas á estimulación da intelixencia e o talento, o desenvolvemento físico, emocional e intelectual na infancia e adolescencia, entre outros temas.

Co seu libro "Máis aló do azul e do rosa. Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia" (Editorial Galaxia, 2016), xa vai pola súa terceira edición, e aproveitaremos que a teremos ben preto, para manter unha boa charla sobre a educación na familia, os problemas e os recursos con que as nais e pais se atopan á hora de lidiar coa desigualdade de xénero, as súas frustracións e inquedanzas sobre o maltrato.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión