Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro Internacional de Música de Pulso y Púa

Cada ano co comezo do outono chega fiel á súa cita co público coruñés e da provincia da Coruña un singular evento que nos amosa a diversidade cultural da música dos pobos do mundo, que non deixa indiferente a ninguén, que en cada edición sorprende pola súa calidade, virtuosismo e consegue sumar vontades conseguindo a complicidade de levalo a cabo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/10/2018 ata o 07/10/2018

Xa rematou

Prezo:

de balde

Organiza:

Pórtico das artes

Documentos:

Programa ENCONTROS (7 MB)

Nesta edición, os concertistas que nos deleitarán coa súa cultura musical e nos farán viaxar coa súas interpretacións, veñen da Arxentina, Colombia, Italia, Rusia e Portugal.

Durante os encontros amosarán a súa diversidade cultural e musical en colexios públicos, privados e concertados, institutos, conservatorios e diversos auditorios tanto da cidade como da provincia da Coruña; polo que percorrerán dende o 2 ao 7 de outubro os concellos de Arzúa, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Mugardos, Negreira, Noia, Oleiros, Padrón e A Coruña.

Dende a Asociación Cultural Pórtico das Artes, co apoio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, da Diputación Provincial A Coruña e Concello A Coruña , sentímonos felices de traballar a prol da divulgación cultural musical dos pobos do mundo, para podérllela achegar á cidadanía e sobre todo ás nosas nenas, nenos, mozas e mozos.

Agradecemos dende aquí ás nosas autoridades a sensibilidade demostrada ao apoiar esta iniciativa, que esperamos que axude a unir sensibilidades en favor da educación, convivencia, cultura, cidadanía global e coñecemento na diversidade, así como a todas as persoas que dun xeito ou doutro teñen contribuído a que este evento sexa unha realidade.

Xa só nos queda animar a cidadanía a que goce da festa da linguaxe universal: a música; que se contaxien da ilusión por coñecer novas culturas, realidades e tradicións que este singular evento ofrece, preparado con moita ilusión e esforzo.

*Concerto co apoio do Concello da Coruña, a través da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión