Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Festas María Pita 2019

As Festas de María Pita 2019 celébranse do 1 ao 29 de agosto cun programa cheo de actuacións musicais, feiras e actividades para as/os máis pequenas/os.

Cando:

Dende o 01/08/2019 ata o 29/08/2019

Este evento xa rematou

Prezo:

Gratuíto.

Programa das Festas María Pita 2019

As Festas de María Pita 2019 comezan o xoves 1 de agosto co tradicional pregón a cargo da escritora Nieves Abarca, ás 21.30 horas, desde o balcón do concello.

Con ela, a praza estrearase como primeiro escenario de actuacións con Ketama, ás 22.30 horas, que dará paso o venres á mesma hora á actuación de Mala Rodríguez. Susana Seivane estará o sábado e Tequila cerrará o domingo a primeira semana de concertos. No aparcamento do Pazo dos Deportes de Riazor, Los 40 Summer Live 2019 traerán os ritmos máis frescos deste verán o día 3.

Por outra parte, o calendario incluirá citas clásicas como o Festival de Habaneiras, que tomará desde o venres o Paseo do Parrote, xunto co Festival de Folclore Internacional, que terá lugar na praza de Pablo Iglesias. Pola súa parte, o Paseo Marítimo será protagonista o 14, ás 23.00 horas, da Batalla Naval.

Para as/os máis pequenas/os, ábrese un apartado, Cascarillarte, que empezará coa famosa Peppa Pig e Ben & Holly en María Pita o 5 e irá rotando por distintos espazos con 20 espectáculos dirixidos ao público familiar. Precisamente, a idea deste Goberno foi reforzar a programación destinada a pais e nais e fillas/os, polo que despois deste apartado infantil, virá o XIX Festival Manicómicos con shows diarios distribuídos por diferentes enclaves. Pola súa parte, a Banda Municipal ofrecerá tamén un ciclo de concertos de balde nunha aposta por darlle ao público propostas musicais de todo tipo. A concelleira de Festas, Diana Cabanas, destaca que a intención é a de "pasalo ben mediante a cultura e a música, a literatura e o teatro serán os eixes sobre os que pivotarán estas festas".

A edil de Festas recorda tamén que o groso do programa o cerrou o anterior equipo e que trataron de darlle continuidade a citas xa clásicas como o Festival de Habaneras, que volta ao centro e ao cartel de autor, neste caso, obra de Gael Lendoiro, que quixo concentrar na composición moitos dos eventos que lle proporcionan unha identidade aos festexos xuntando a un avó e ao seu neto fronte a emblemas da cidade.

FEIRAS

A Feira de Artesanía encherá, pola súa banda, de produtos feitos a man os xardíns de Méndez Núñez desde o xoves e compartirá espazo coa Feira do Libro, que traerá as novidades editoriais e aos autores do momento. Na segunda quincena, os postos mudarán para acoller a Feira do Libro Antigo.

A música expandirase a segunda semana polos distintos enclaves do Festival Noroeste desde a Fundación Luis Seoane á praza de San Nicolás, onde se poderán escoitar grupos de diferentes xéneros do 6 ao 11 de agosto coa posta en escena na praia de Riazor de Patti Smith, o 9, e The Sounds, o 10. Eles serán os cabezas de cartel dunha fin de semana que contará cun apéndice no Paseo das Pontes co Mercado da Colleita.

O Castrillón continuará disparando música de raíz a partir do 9 co Festival de Arraigo, dentro dun programa que volverá a María Pita na terceira semana con "máis noites", neste caso, protagonizadas por formacións da cidade.

Borja Quiza & Orquesta Gaos, a Escola Municipal de Música, a Orquesta de Cámara Galega, a Banda Municipal de Música e Treixadura, a Orquesta Sinfónica de Galicia e o coro, Sito Sedes & Garufa Blue Devils Big Band descargarán repertorios festivos nunha recta final na que o clown e o teatro xestual virán da man do XIX Festival Manicómicos. Os seus espectáculos encherán de maxia o parque de Santa Margarida e o Campo de Leña en tres xornadas consecutivas ao mesmo tempo que Eirís, O Castrillón, Novo Mesoiro e Pedralonga celebrarán os seus respectivos festexos cunha serie de actividades para todos os públicos nun agosto que rematará, como vén sendo habitual, en romaría. Santa Margarida será o broche final o 25 nunha xornada gastronómica e festiva que rematará en verbena e fogos artificiais.

Buscas algo concreto?

Buscador avanzado

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?