Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de Monicreques M.ª José Jove Nadal 2019

Fiel á súa cita do Nadal, un ano máis o Concello da Coruña e a Fundación María José Jove presentan o Festival de Monicreques Fundación María José Jove. Unha cita ineludible entre os días 26 e 30 de decembro para nenas e nenos, familias e amantes dos monicreques, nas sedes da propia Fundación e do Fórum Metropolitano. Non perdades a programación deste ano!!

A quen vai dirixido?:

+ 4 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 26/12/2019 ata o 30/12/2019

Xa rematou

Horario:

Na Fundación M.ª José Jove ás 17:00 h

No Fórum Metropolitano ás 18:30 h

Prezo:

3,00 euros

Abono Familiar (3 entradas para a mesma función: 6,00 euros)

Menores de 3 anos: 2,00 €

**Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

Documentos:

Postal Festival de Monicreques 2019 (922 KB)

  • Blancanieves de Tropos Teatro de Monicreques

- Xoves 26 de decembro - Fundación M.ª José Jove. 17:00 h - Duración: 50 min - Espectáculo en castelán

  • O Apalpador contra o ladrón de xoguetes de Cachirulo

- Venres 27 de decembro - Fundación M.ª José Jove. 17:00 h - Duración: 50 min - Espectáculo en galego

  • Contos ao pé da cama de Viravolta Títeres

- Venres 27 de decembro - Fórum Metropolitano. 18:30 h. Duración: 40 min - Espectáculo en galego

  • Xan Perillán compra queixo, compra pan de Monicreques de Kukas

- Domingo 29 de decembro - Fórum Metropolitano. 18:30 h. Duración 45 min - Espectáculo en galego

  • Tita de Monicreques Babaluva

- Luns 30 de decembro - Fórum Metropolitano. 18:30 h . Duración: 50 min - Espectáculo en galego

Venda de entradas

- Praza de Ourense: de luns a venres de 9:30 a 13:00 h e de 16:30 a 19:30 h (excepto festivos)

- Fundación M.ª José Jove e Fórum Metropolitano: aberto unicamente os días de espectáculo desde unha hora antes (sempre que queden entradas dispoñibles)

- Televenda: 9002 044 226

- www.ticketea.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión