Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de Teatro Valacar

Despois de 30 anos de traxectoria e un Premio Max, Teatro Valacar proponse incidir culturalmente dunha forma máis eficiente na cidade á que pertence.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/11/2018 ata o 24/11/2018

Xa rematou

Horario:

20:30 h

Enderezo:

Organización Nacional de Cegos Españois - ONCE. Cantón Grande 3, Bj. 15003 A Coruña

Documentos:

Dossier FTV 2018 (3 MB)

Por iso presenta un proxecto cultural baseado na organización do novo Festival de Teatro Valacar (FTV).

O obxectivo é que o teatro, realizado por persoas cegas e con grave déficit visual, teña un escaparate privilexiado para que a cidadanía á que pertence se poida enriquecer cultural e humanamente dunha proposta teatral realizada desde outro punto de vista distinto ao normo vidente.

As características especiais deste novo proxecto para a cidade da Coruña, ao ser protagonizado por persoas cegas ou con grave déficit visual, fai que esta proposta se converta ao mesmo tempo nunha nova alternativa cultural e teatral para a cidade (con vocación de periodicidade anual) e nunha ferramenta de convivencia e visibilidade do colectivo cego e con discapacidade visual coa sociedade á que pertencen.

O FTV desenvolverá a súa primeira edición no mes de novembro do 2018 coas actuacións do grupo de Teatro Valacar todos os xoves, venres e sábados da 2ª, 3ª e 4ª semana de novembro nun horario de 20.30 h convertendo a sede do salón de actos da ONCE nunha sala de teatro alternativa e intermitente que complemente a oferta cultural da cidade da Coruña.

PROGRAMACIÓN FTV 2018

Novembro 2018

Presentación pública FTV 2018 - rolda de prensa

Mércores 7

Hora: 12.00 h

Lugar: Sede ONCE (Obelisco - Cantón Grande, 3 A Coruña)

Entrega "Premio FTV de integración nas artes escénicas"

Mércores 14

Hora: 12.00 h

Lugar: Sede ONCE (Obelisco - Cantón Grande, 3 - A Coruña)

Espectáculo "Frechas do anxo do esquecemento" de Sanchis Sinisterra (Premio Nacional de Teatro)

Xoves 8, venres 9 e sábado 10

Xoves 15, venres 16 e sábado 17

Hora: 20.30 h

Lugar: Sala de Teatro Intermitente Valacar (Obelisco - Sede ONCE - Cantón Grande, 3 - A Coruña)

Espectáculo "Enamórate a ciegas"

Xoves 22, venres 23 e sábado 24

Hora: 20.30 h

Lugar: Sala de Teatro Intermitente Valacar (Obelisco - Sede ONCE - Cantón Grande, 3 - A Coruña)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión