Durante milleiros de anos, os alquimistas, nómades con grandes coñecementos nas matemáticas, na física, na química, na astroloxía e incluso no ocultismo, viaxaron cos seus laboratorios ambulantes por todos os lugares do mundo cun obxectivo concreto. Ese obxectivo era atopar a Pedra Filosofal.
Familias
22/09/2018
Xa rematou
19.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada: 5,00 €
(abono 3 (3 entradas para o mesmo espectáculo) 12,00 €)
(menores de 3 anos: 2,00 €)
IMCE
O soño dos alquimistas era dominar a natureza, o lume, e finalmente o tempo.
Os alquimistas crían que a pedra filosofal podería concederlles tanto a cura de todas as enfermidades para gozar da vida eterna como a riqueza, transformando metais en ouro. Cando conseguían estes logros, coñecíase como "A grande obra".
Nesta nova aventura, o mago Teto, tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, ponse na pel dos alquimistas perseguindo o seu soño e buscando a pedra filosofal; non para conseguir a riqueza e a vida eterna, senón a alquimia que está dirixida ao corazón, a felicidade!!
A felicidade do público e do propio mago e así lograr a súa "Grande Obra".
Auga, terra, lume e aire farán posible esta nova aventura do mago Teto.
Duración: 75 minutos
VENDA DE ENTRADAS
Despacho de billetes da Pza. Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes de Fórum: día da función desde 1 h antes (só se quedan localidades dispoñibles)
Ticketea: 902 044 226 - web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible