Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gracias por la lluvia

Durante os últimos catro anos, Kisilu Musya, un granxeiro kenyano, utilizou a súa cámara para capturar a vida da súa familia, o seu pobo e os efectos devastadores do cambio climático sobre a súa terra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

01/10/2018

Xa rematou

Horario:

19:30 h

Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

De balde (até completar á capacidade da sala)

Organiza:

Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Oxfam Intermon

Filmou inundacións, secas e tormentas, pero tamén foi testemuña dos custos humanos destes fenómenos: a migración dos homes á cidade en busca de novos empregos ou como os seus fillos foron devoltos á casa porque el non podía pagar a escola a final de mes.

Logo dunha tormenta que destrúe a súa casa, Kisilu empeza a construír un movemento comunitario de agricultores que loitan contra os impactos do clima extremo e decide viaxar a París con motivo da XXI Conferencia sobre o Cambio Climático, para intentar ter voz nas conversas sobre o clima e dar un xiro de 180 graos ás políticas medioambientais.

Alí, no medio da impenetrable lóxica das grandes negociacións políticas, no marco do show ambiental máis grande do planeta, a relación entre a directora do filme, a noruega Julia Dahr, e Kisilu cobra unha nova dimensión e une os mundos opostos que os dous personaxes representan -norte e sur- nunha mesma loita pola xustiza climática.

Dirección: Julia Dahr

Documental en versión orixinal subtitulada en castelán.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión