Concello da Coruña

Concello da Coruña

Graciela Iturbide

Exposición organizada pola Fundación MAPFRE en colaboración coa Fundación Barrié.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 24/10/2018 ata o 27/01/2019

Xa rematou

Horario:

De 12:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h

Enderezo:

Cantón Grande, 9. 15003 A Coruña

Prezo:

Libre

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América Latina. A mostra, composta por 156 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan enlazados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo. Graciela Iturbide (Cidade de México, 1942) é unha das fotógrafas mexicanas máis destacadas da escena contemporánea internacional. Ao longo de catro décadas foi construíndo unha obra absolutamente única, fundamental para comprender a evolución que tivo a fotografía en México e no resto de América Latina. Fundación MAPFRE, consciente da importancia da obra de Graciela Iturbide, adquiriu entre os anos 2008 e 2011 a colección máis completa que existe do seu traballo, un total de cento oitenta e seis fotografas que supón un completo percorrido transversal pola súa obra desde os seus primeiros proxectos ata algún dos máis recentes. Todas as fotografías que compoñen esta exposición pertencen ás coleccións de Fundación MAPFRE.

+ Información

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión