Concello da Coruña

Concello da Coruña

José González Collado e Acisclo Manzano

Exposición de obras póstumas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/06/2018 ata o 07/07/2018

A inauguración da exposición realizarase o día 14 de xuño ás 20:00 h.

Sorteo de dúas obras orixinais de González Collado.

Servirase un cóctel.

Xa rematou

Horario:

De luns a sábado de 11:30 a 14:30 h. e de 18:30 a 21:30 h. Sábado pola tarde pechado

Enderezo:

Galería de Arte Xerión. Rúa Modesta Goicouría 7, Bj. 15003 A Coruña

Prezo:

gratuíta

Contacto:

Avda. de Rubine, 17

15004 A Coruña

Tel.: 881 917 526 • 686 136 299

galeriaxerion@hotmail.com

www.xerion.es

José González Collado

Do Ferrol e do Ferrol vello, José González Collado pasou a súa infancia en Canido, ese barrio tan exemplarmente conservado e conservador que agora, xa iniciado o século XXI, empeza a innovarse e despegar urbanisticamente. Quen coñecemos, tratamos e admiramos desde hai moitos anos o artista, tivemos e teremos sempre a sensación de que naceu sabendo debuxar e pintar. E, claro, no tempo e co tempo foi aprendendo máis e máis, grazas á feliz coincidencia de ser un home de infrecuentes facultades naturais, ademais de terco, voluntarioso e traballador infatigable.

Estudou con Bello Piñeiro, Sotomayor e Francisco Llorens. Casou novo, coa súa noiva de sempre e para sempre, Josefina Pena, originalísima ceramista coa que comparte felicidade e estudo artístico.

Para quen isto escribe é un verdadeiro labirinto, un problema insoluble e un risco afectivo pero que se pode pasar por alto, adxectivar o pintor e a súa obra. Confeso ter unha dúbida tremenda, non sei se admiro máis o artista ou o amigo. A súa obra prolífica e múltiple en motivos, intencións, intuicións, mensaxes, recreacións e técnicas é, ás veces, diáfana e alcanzable, pero, tamén, con gran frecuencia, un verdadeiro arcano exclusivo e íntimo, intransferible e persoal, sobre o que cabe unicamente especular, e que pertence, en exclusiva, consciente ou inconscientemente ao artista. Estamos ante un dos pintores galegos máis importantes e orixinais do noso tempo e de todos os tempos.

Polas súas obras, ata onde é humanamente posible, coñecerédelo.

Carlos Perille

Aos 12 anos ingresa na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, onde obtén a matrícula de Debuxo, Aritmética e Xeometría. En 1942 coñece a Felipe Bello Piñeiro, pintor xa consagrado, con quen estuda. Aos 17 anos recibe o seu primeiro Premio na Exposición de Arte, Educación e Descanso, na Coruña xa aos 18 gana o seu primeiro premio na V Exposición de Arte de SEU, na Coruña e obtén unha bolsa coa que se poderá formar en Madrid. Alí realiza un exame de ingreso na Escola de Belas Artes, e aproba co número 2, nun curso de 90 alumnos. Nesta escola aprenderá sobre forma e cor, técnicas e estilos.

Viaxa ao norte de África, onde pinta novos temas e outras cores, e a París, onde se empapa de museos e pintores, para volver en 1959 a Madrid, onde permanece ata 1997, cando decide volver a Ferrol, onde monta o seu novo estudio no que segue traballando.

En 2006, o Concello de Ferrol organízalle unha Exposición Antolóxica na que presenta máis de 160 obras que constitúe un éxito de crítica e público. Así mesmo foille concedida a insignia de ouro da cidade, e urbanízase unha praza enfronte ao estudio que leva o seu nome, Praza de José González Collado, inaugurada no 2011. Créase a Fundación González Collado, doa parte das súas obras ao Concello de Ferrol e que está na casa da cultura "Torrente Ballester".

Concédeselle a medalla de ouro do Concello e é nomeado fillo predilecto. É nomeado académico correspondente da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo con data do 28 de novembro do 2015.

Doa un cadro óleo/sobre a cea de Xesús de 2x1,5 ao Hospital da Caridade "Luan Cardona" e outro das mesmas medidas (tamén un cenáculo) para a catedral de Mondoñedo).

Acisclo Manzano

Naceu nos anos posteriores ao final da Guerra Civil, no seo dunha familia conservadora e profundamente relixiosa. Sen antecedentes familiares artísticos notables, comezou tallando portarretratos e paneis de caixas de habanos con coitelas de afeitar que posteriormente vendía no Sanatorio de Piñor, onde estivo ingresado un tempo á idade de doce anos.

Conseguiu o título de oficial tallista de terceira clase na Escola de Formación Profesional Acelerada, pero no canto de entrar nun taller como aprendiz decidiu participar nas oficinas de Sindicatos, o que lle proporcionou algunhas bolsas de pouca contía. Xunto con Xaime Quessada e Xosé Luis de Dios formou o grupo "O Volter" que pretendía situarse como a vangarda galega e promocionala no exterior.

Posteriormente pasou a denominarse "Siete artistas gallegos" tras a incorporación de Manolo Buciños, Arturo Baltar, Virxilio e Xavier Pousa. Ingresou no taller que Francisco Asorey tiña en Santiago de Compostela, pero a falta de entendemento entre ambo induciuno a matricularse na Escola de Artes e Oficios compostelá.

O seu primeiro encargo foi unha imaxe de Cristo para a igrexa de Montealegre no seu barrio ourensán, á que seguiron múltiples obras de carácter relixioso. Algunhas delas non gustaron á diocese e foron retiradas e pasaron finalmente a formar parte dos fondos do Museo de Ourense. Gran viaxeiro, na década dos sesenta percorreu os países escandinavos xunto con X. Quessada. A esta primeira viaxe seguíronlle outras xunto con Pousa, Buciños e Quessada, cos que visitou Italia, Grecia, Turquía, Siria, Líbano, Exipto e América, onde realizou unha exposición no Museo de Arte Moderna de México.

A partir de 1969 comezou a pasar longas tempadas en Eivissa, ambiente que impregna a súa linguaxe formal de influencias mediterráneas, compoñendo obras máis sensibles e elegantes.

A partir dos anos 70 Acisclo comezou a ter o seu sitio no ámbito artístico galego con admiradores e detractores, pola súa concepción tan particular da forma.

Por esta época, implicouse con experiencias colectivas de carácter político participando en manifestacións relacionadas coa loita polas liberdades. Ingresou no Partido Comunista e no sindicato Comisións Obreiras. Estes feitos repercutiron nas súas obras, xa que trasladou o seu pensamento político a algunhas das súas pezas como 10 de marzo ou Cabeza de obreiro acoirazado.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión