Concello da Coruña

Concello da Coruña

KATAUTA Performance Danza Contemporánea

A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome está de volta coa súa segunda edición do 1+1Play Danza Contemporánea, que terá lugar no MAC Museo de Arte Contemporáneo da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/12/2018

Xa rematou

Horario:

20:00 h

Enderezo:

Avda. de Arteixo 171, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

de balde

Performance Danza Contemporánea

Patricia Moro + Irene Chuliá + Alba Bonal ►

Madrid + Valencia + Barcelona ►

A Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome volve por segundo ano consecutivo ao MAC Museo de Arte Contemporánea da Coruña co proxecto 1+1 Play Danza Contemporánea que terá lugar o sábado 15 de decembro ás 8 pm.

As súas protagonistas son Patricia Moro (bailarina), Irene Chuliá (bailarina) e Alba Bonal (percusionista). As tres artistas instaladas en Madrid presentan "Katauta": unha perfomance de Danza Contemporánea creada e ideada polas mesmas artistas.

Unha peza onde o baile flamenco casa coa cultura xaponesa e a figura feminina da Geisha.

Producido pola Asociación Cultural Sen Ánimo de Nome dentro do seu proxecto cultural 1+1 Play/A Coruña Artistas en Microresidencia, dentro do programa Cultura de Barrio 2018 da Concellería de Culturas da Coruña.

Unha iniciativa que busca dar máis visibilidade á danza contemporánea, e compracer ao público coruñés cunha disciplina chea de contido conceptual.

Desde o século VIII os " katauta" son preguntas e respostas de diálogos improvisados entre os poetas xaponeses; células que por si soas carecen de significado e necesitan pertencer a un diálogo para cobrar sentido. Este espectáculo de expresión corporal inspírase nos versos haikus e traslada os seus extensos discursos ao mundo do flamenco. Son e movemento convidarán o público a unha viaxe pola imaxinación, a tradición, a autenticidade, o misterio e a maxia que xorde do encontro entre dúas culturas e linguaxes diferentes.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión