Concello da Coruña

Concello da Coruña

Kokoro, onde o sentimento se une á esencia

Exposición de pintura e Kaikus

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 27/04/2018 ata o 13/05/2018

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás de 11:00 a 13:30 h

Tardes: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos e festivos

Mañás de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíta

A obra plástica e literaria de dúas pintoras, Ana Soler e Yano Yoro, e unha poeta, Francisca García Jáñez, conforman esta exposición titulada Kokoro e centrada no mundo oriental feminino. Está esbozada como un diario emocional onde mente, corpo e espírito fúndense para celebrar a vida.

Ana Soler presenta unhas geishas reservadas e á vez cheas de felicidade transformada en quietude, contemplación e recoñecemento. Todas elas desprenden emotividade e, ao mesmo tempo, vitalidade. Os cadros están pintados con tinta chinesa e auga sobre papel de algodón cento por cento natural. En todos eles o movemento é libre e espontáneo. A tinta, que flúe e se espalla unhas veces de forma controlada e outras ao azar, crea suxestivas veladuras.

Yano Yoro deléitanos cunha serie de mulleres nipoas que respiran plenitude amorosa. Como sumidas nunha sutil levidade, parecen sobrevoar un mundo celestial para aterrar nun universo corporal cheo de lixeireza que as mergulla nunha ilusión de goce amoroso. Son reproducións realizadas coa técnica sumi-e, en papel de arroz e tinta, manipuladas con ordenador e estampadas mediante impresión dixital de alta calidade en papel de algodón cento por cento natural.

Francisca García Jáñez acompaña os cadros das dúas pintoras con delicados haikus que complementan literariamente o espírito nipón da exposición. Poemas que incitan á reflexión e que foron xurdindo ao contemplar cada mirada, cada xesto e cada movemento. Signos lingüísticos asociados a estados de ánimo. Letras e pensamentos que flúen en segundos e permiten deslizar a imaxinación. Todos resoan e destilan beleza, transparencia, intimidade, fluído, esencia, vida.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión