Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libros en directo primavera 2017

Ciclo de encontros con autores de recoñecido prestixio

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/01/2017 ata o 01/03/2017

Xa rematou

Horario:

Todos os encontros comezan ás 20.00 horas e realizaranse no Centro Ágora

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta ata completar a capacidade

Contacto:

Tel.: 981 189 888

 

A Concellería de Cultura do Concello da Coruña patrocina Libros en directo, un ciclo que ten como obxectivo principal achegar ao público coruñés as novidades editoriais máis importantes, creando un punto de encontro para as persoas afeccionadas á lectura, unha cita mensual onde poderán escoitar os seus autores favoritos contar, en directo, como foi o proceso de xestación do libro que nos ocupa, facendo un breve repaso da súa traxectoria e importancia no panorama literario español.

Libros en directo, grazas á súa periodicidade mensual e a calidade dos/as autores/as invitados/as, conseguiu situar A Coruña no mapa estatal das presentacións de libros, consolidar o Centro Ágora como o espazo de referencia para as actividades literarias de gran nivel, así como satisfacer a curiosidade do amplo espectro de lectores que poboan a nosa cidade.

Citas mensuais en ÁGORA ás 20.00 h

Programación primavera 2017

11 de xaneiro

"Asamblea ordinaria" de Julio Fajardo Herrero

1 de febreiro

"El gran imaginador" de Juan Jacinto Muñoz Rengel

1 de marzo

"Media vida" de Care Santos

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión