Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mark Knopfler

Mark Knopfler, un dos artistas máis aclamados e exitosos de todos os tempos, anuncia unha nova xira mundial coa súa banda para 2019: Down The Road Wherever.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2019

Xa rematou

Horario:

- Apertura de portas: 20:00 h

- Inicio do concerto: 22:00 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

Pista (de pé s/n): 55,00 €

Tendido baixo (numerado): 65,00 €

Tendido medio (numerado): 60,00 €

Tendido alto (numerado): 55,00 €

Documentos:

Autorización acceso menores 16 anos (151 KB)

Así, teremos oportunidade de ver de novo a Mark Knopfler en concerto en Galicia: será o 3 de maio no Coliseum da Coruña.

As entradas para a xira de Mark Knopfler no noso país poderanse adquirir a partir das 10:00 h do martes 6 de novembro, a través de Ticketea.com, doctormusic.com e riffmusic.es. O prezo das entradas oscilará entre os 55 e os 65 euros (gastos de distribución non incluídos).

Mark Knopfler, que lanzará o seu noveno álbum de estudo baixo o título Down The Road Wherever o 16 de novembro, sempre viu as xiras como unha parte integral do proceso de lanzamento dun álbum, pasando da composición á gravación e terminando na estrada, tocando os seus éxitos de sempre, os seus novos temas e algunha sorpresa recuperada dos recunchos máis remotos do seu repertorio. Como adianto do álbum, xa podemos escoitar Good On You Son.

Knopfler presentarase nesta xira cunha banda ampliada de dez integrantes, a maioría dos cales estiveron traballando con el durante máis de dúas décadas.

Aclamado como un dos mellores guitarristas de todos os tempos, Mark Knopfler vendeu máis de 120 millóns de álbums entre Dire Straits e a súa carreira como solista, e moitas das súas cancións convertéronse en himnos: Money For Nothing, Sultans Of Swing, Romeo & Juliet, Walk Of Life... Creou bandas sonoras para Local Hero, The Princess Bride e Altamira, e ademais da produción dos seus discos, Knopfler produciu álbums para Bob Dylan ou Randy Newman, entre outros.

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

www.markknopfler.com.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión