Concello da Coruña

Concello da Coruña

Memoria perdida de Miguel González

Os corpos de 114.000 persoas "desaparecidas" durante a guerra civil española (1936-1939) e a ditadura de Franco (1939-1975) seguen en fosas comúns que aínda non foron escavadas nin conmemoradas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/02/2019 ata o 10/03/2019

Xa rematou

Horario:

- Lunes: Cerrado

- De Martes a sábado

Mañanas de 11: 00 a 13:30 h

Tardes: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos y festivos

Mañanas de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Contacto:

981 189 856

"Memoria Perdida" , do fotógrafo Miquel González, mostra imaxes das localizacións destas fosas e das zonas en que se produciron estas atrocidades.

A ausencia de memoria histórica e o desexo de atopar a verdade levaron a  Miquel Gonzalez a investigar estes escenarios de violencia e fotografalos. Queríase achegar aos lugares onde se cometeron estas barbaridades da maneira máis neutral posible e reaccionar sen prexuízos ante todo o que atopou. Quería que todo o que non se podía ver, o pasado invisible, adquirise a mesma importancia que o presente visible a través destas fotografías; facerse preguntas, máis que suxerir respostas. Miquel  Gonzalez fotografou cada localización na hora, o día e a estación do ano o máis próximos posible ao momento en que tivo lugar cada atrocidade. A maioría das fotografías fixéronse entre a posta e a saída do sol, o momento preferido para "pasear" e executar ás persoas.

A exposición fotográfica parte da investigación e o traballo realizado para o libro do mesmo nome.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión