Concello da Coruña

Concello da Coruña

Moncho Valcarce, unha vida de compromiso

A Irmandade Moncho Valcarce é unha asociación impulsada polos que fomos amig@s e compañeir@s de Moncho, aberta a tod@s os que se identifiquen cos valores que el defendía, e ten como misión perpetuar a memoria deste crego, como exemplo de dignidade, entrega e compromiso co pobo galego.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 19/02/2018 ata o 03/03/2018

Xa rematou

Horario:

Luns a venres de 08:00 h a 21:00 h. Sábado de 09:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Libre e gratuíta

Organiza:

Irmandade Moncho Valcarce

Contacto:

Moncho foi crego de Sésamo-Sueiro, parroquias rurais que marcaron o seu compromiso cos labregos poñéndose ao seu carón contra as inxustizas que soportaron sobre todo na época da transición. Son exemplo diso as loitas das Encrobas, Baldaio, Xove, As Enchousas, Larín, Cota empresarial etc.

                En todas elas Moncho estivo ao servizo dos labregos coa súa humildade, lonxe de calquera protagonismo, pero tamén coa súa firmeza.

                Por iso foi perseguido, preso, golpeado, multado, acusado de atentar contra a forza pública e incluso abandonado pola xerarquía eclesiástica.

                A pesar deses intentos de desprestixio de Moncho, non puideron evitar que se convertera en referente carismático das loitas agrarias do posfranquismo dende una opción nacionalista. Ideoloxía asumida como militante, sendo membro da ANPG, concelleiro do BNG e membro dos CALL e das CCLL.

                Hoxe Moncho Valcaece pertence xa ao ronsel de personaxes históricos do agrarismo galego e como tal hai que recoñecelo.

                De aí esta exposición que presentamos co obxecto de lembrar o seu significado no contexto de loitas agrarias nas que Moncho participou activamente, e que por ser dirixidas dende o nacionalismo significaron un punto de inflexión fundamental no seu avance.

                Son vinte e un paneis de texto e fotos que reflicten unha vida e uhna época, pero tamén algunhas historias gráficas de indubidábel impacto e que nalgúns casos, como no da praia de Baldaio, adquiriron unha grande importancia histórica polas dificultades coas que foron conseguídas grazas á audacia de Carlos Varela (que en paz descanse) que coa súa superoito logrou esas imaxes con perigo da súa integridade física. Para el o noso recordo e homenaxe.

                E sen máis, esperando que a mostra sexa do voso agrado e sirva para coñecer máis a Moncho e a nosa historia de construción nacional, agradecemos as facilidades dadas... para expoñela aquí, así como a presenza de todos vós.

A maiores haberá unha proxección na sala Marilyn o luns 19 de febreiro ás 20 h.

Entrada libre ata completar a capacidade.

Proxección dun documental de 20 min con posterior debate sobre a figura de Moncho Valcarce ao que asistirá Xácome Santos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión