Concello da Coruña

Concello da Coruña

“Noró” Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

ENTRADAS ESGOTADAS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/03/2018

Xa rematou

Horario:

19.30 h

* Pídese puntualidade, unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'50, 11'00, 14'00, 18'00 € (carné xove, + 65 anos, ou persoas desempregadas: -20 %)

* Para acceder aos descontos é necesario presentar o documento que acredite ser beneficiario del.

A segunda entrega de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre leva por nome Noró ( algunhas músicas do Norte)

É unha ollada ás músicas setentrionais, unha declaración de amor ao norte que nos chega despois da exitosa xira do multipremiado "The tambourine man" (2015)

Nurtha, Nord, Norte... Noró

O norte é case un estado emocional para min. Gústame o seu frío, a auga, a humidade e a música.

"Este disco é como un retrato do meu timeline recente, como unha necesidade de acabar a talla e de mellorar o método, como unha insistencia de Tambourine, como se quixese tatuar con tinta indeleble o mapa das últimas viaxes para saír definitivamente da miña confusión antes de desorientarme de novo. Este disco tamén serve para celebrar o equilibrio desta pequena e ordenada república adufeira na que tantas cousas aprendo sen necesidade de que ninguén as explique."

VENDA DE LOCALIDADES

Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía de Castro: aberto só días de función de 16.00 a 20.00 h (só se hai localidades dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión