Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2018

O alcalde reivindica a posición da Coruña como "cidade da cultura" na presentación dos XXII Premios de Teatro María Casares

O Teatro Rosalía de Castro acollerá o vindeiro mércores, 21 de marzo, a gala de entrega de galardóns

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta mañá na presentación da 22ª edición dos premios do teatro galego María Casares, cuxa gala se celebrará o vindeiro mércores, 21 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro e que estará marcada polo 40° aniversario do teatro profesional en Galicia. O rexedor salientou que dita iniciativa, que ten lugar dúas semanas despois da celebración dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, "revalida a idea da Coruña como unha verdadeira cidade da Cultura e referenda a aposta do goberno local polo recoñecemento do patrimonio cultural, así como no acompañamento ás creadoras e aos creadores locais". Neste sentido, Ferreiro destacou o traballo do executivo coruñés "a prol dun novo modelo de políticas culturais, que fan fincapé na descentralización, pegagoxía e visibilización ás e aos artistas con vinculación á cidade"."O goberno local entende A Coruña como unha cidade ilustrada, da memoria e, por riba de todas as cousas, comprometida coa causa das mulleres", afirmou o alcalde, quen reivindicou "que foron, son e serán imprescindibles para a transformación da nosa sociedade, tamén desde a cultura, como María Casares". "É unha honra que estes premios recoñezan a figura da nosa veciña, actriz galega no exilio e que destacou sobre as táboas de Europa", apuntou o primeiro edil coruñés, quen lembrou o compromiso do Concello coa recuperación e a restitución da memoria da figura de Casares con actividades arredor do Día Mundial do Teatro en colaboración coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia, "pero tamén de mulleres e homes que fixeron da Coruña unha cidade máis libre e máis xusta".  

O alcalde, que reivindicou o papel fundamental da muller para o desenvolvemento profesional das artes escénicas, "en especial das actrices, directoras, escenógrafas, guionistas, produtoras, músicas, responsables de vestiario, maquillaxe, das operarias da tremoia ou das asistentes como público", convidou á cidadanía á gozar dunha gala "eminentemente feminina" e a apoiar ao sector "enchendo os nosos teatros cada día".

Xulio Ferreiro estivo acompañado na presentación pola vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Nieves Rodríguez; e o director de Talía Teatro, Artur Trillo, compañía que cumpre 30 anos este 2017 e que será a encargada da Gala dos María Casares. No evento, que tamén estará dirixido por Trillo, Rosa Álvarez recibirá o Premio de Honra Marisa Soto e as artistas Aldaolado --María Lado e Lucía Aldao-- lerán o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión