Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de abril de 2018

O ciclo TRC Danza contará este ano con 16 espectáculos e unha programación complementaria que “contribúe á aprendizaxe e difusión” desta disciplina artística

O Concello presenta unha proposta variada “tanto de formato como de contido” e que reforza a articulación de mecanismos para que o público se poida relacionar con artistas convidados a través de encontros ou charlas

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá a programación do ciclo TRC Danza, que levará ao longo de todo o ano un total de 16 espectáculos ao Teatro Rosalía de Castro "acompañados dunha programación complementaria enriquecedora e plural, coordinada cos espectáculos e que contribúe á aprendizaxe e difusión da danza". Neste sentido, o director do teatro municipal, Paulo Rodríguez, indicou que o ciclo continúa a liña de aposta e "de normalización da danza contemporánea, así como no compromiso de creación dun contexto para a exhibición de artes minorizadas".

Na programación do ciclo teñen cabida tanto expresións da danza non profesionais como de artistas do entorno, que programa en 14 días un total de 16 espectáculos, nos que participan sete compañías galegas. Trátase, segunto expuxo o director do teatro, de propostas variadas, nas que hai equilibrio de formato e de concepción do contido, xa que haberá performance, danza contemporánea, moderna, flamenca e española, neoclásica ou instalacións. O primeiro dos espectáculos celebrarase o 21 de abril con 50 minutos de simulación programada, seguiralle Now o día 28 deste mes e, na xornada seguinte, a celebración do Día Internacional da Danza, que terá un programa doble. "Abriranse as portas do teatro para que toda a cidadanía poida bailar", indicou, o que se traduce en dúas sesións de práctica desta disciplina, unha aberta a familias e outra centrada en lindy hop e danza contemporánea para adultos. Durante o mes de maio será o turno de Método Negro, o día 12, Bailar en hombre, programado para o 26 e Black Apple y los párpados sellados.

Como noutras edicións, o ciclo estable TRC Danza fará un parón estival para retomar a actividade en setembro. Será o momento entón de Oasis Paraíso, o día 15, que recolle tres pezas dos traballos desenvoltos durante o programa de Residencias Paraíso de 2017. O mes de outubro estrearase coa función familiar Vuelos o día 6 e continúa con All Ways, o 11, Pink Unicorns, o 20, e Directo 9, o mércores 31. Durante o mes de novembro realizarase o espectáculo 88 azucenas y un perro, o día 9, e en decembro, o 1, Ahora que no somos demasiado viejos todavía. O ciclo remata con La desnudez o 14 de decembro.

Ademais, o Teatro Rosalía de Castro acollerá actividades complementarias e programación expandida, coordinada por Caterina Varela. Entre o 11 e o 12 de abril terá lugar a 25 edición do Fituec Danza, no que participarán seis compañías das universiades galegas. O ciclo continúa a súa aposta "por articular mecanismos para que o público se poida relacionar con artistas convidados a través de encontros ou charlas". Así, está prevista, entre outras actividades, unha conferencia de Félix Fernández e tamén unha conversación aberta ao público entre Fernández e o guionista Javier Trigales. Esta ano ponse en marcha tamén unha experiencia piloto con públicos dirixida pola artista e invertigadora Sabela Mendoza.

As entradas terán tres tarifas con precios entre 12, 10 ou 8 euros, e a posibilidade de abono familiar para a función de Vuelos. Este ano ponse en marcha tamén o bono TRC Danza, co que se poden obter descontos progresivos segundo se vaia utilizando. A información relacionada con este proxecto e as súas actividades serán difundidas ao longo no ano mediante as canles propias de TRC: www.facebook.com/trcdanza e www.pe-trcdanza.gal

Documentos:

Programa TRC Danza (2 MB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión